setembro de 2013
 
 

09/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Pensións, outro recorte salvaxe

Como xa vos informamos con anterioridade o goberno puxo en mans dunha “comisión de expertos” a planificación do seguinte recorte ás pensións públicas. A semana pasada a ministra convocou ás organizacións sindicais estatais para comunicarlles as directrices emanadas desa comisión e adiantarlles as liñas mestras do que vai a ser esa nova tesoirada.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Para non quentar os ánimos dos xubilados actuais faise unha diferenciación entre estes e os futuros pensionistas, establece un índice de revaloración para as novas pensións limitado por aspectos coma a esperanza de vida, os ingresos da Seguridade Social ou o número de pensionistas.
 
O goberno xa puxo en marcha o seu aparato mediático para colarnos, de rondón, este novo recorte que significará máis precariedade económica cando máis se necesita unha solvencia que asegure o benestar na última etapa das nosas vidas.

 

Os pensionistas gañarán un 6% menos cada década

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript