setembro de 2013
 
 

09/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Agosto, as cifras do paro

O paro rexistrado no estado sitúase, no mes de agosto, en 4.698.783, 31 persoas menos que no mes de xullo, dato que para o goberno central supón un cambio de tendencia e a demostración práctica de que se crea emprego real.

 

  • Noticias relacionadas

 

Galiza, pola súa parte, pechou ese mesmo mes con 257.524 desempregados/as, o paro baixou en 3.578 persoas, o 1,37% menos que no mes de xullo.
 
A análise do goberno de Rajoy é unha proba da desesperación PP por dar a imaxe dunha economía que comeza a saír do pozo. As cifras e as tendencias desmente o optimismo gobernamental.
 
O descenso do paro débese, exclusivamente á época de verán na que nos atopamos e ao extraordinario impacto que o turismo ten na economía estatal. É neste mes cando se comezarán a notar os efectos estacionais no emprego iniciándose os despedimentos.
 
Os milleiros de mozas e mozos que se ven obrigados a emigrar xunto coa desesperanza de moitos parados que xa non ven que apuntarse nas oficinas de emprego sexa efectivo para atopar traballo, son outro importante motivo polo que se produce ese descenso nas cifras de paro, estas circunstancias  reflíctense no alto descenso de cotizantes á Seguridade Social, 99.069 baixas, no último ano reducíronse en 568.290 os traballadores afiliados (3,36%). Haberá que agardar, unha vez máis, á publicación da EPA para coñecer os datos reais do paro.
 
O pouco emprego creado é, na súa práctica totalidade, precario pois só o 5,7% dos contratos foron subscritos como indefinidos, sendo o resto de curta duración, con horario reducido e raquítico salario.
 
Os datos demostran, unha vez máis, que as sucesivas reformas laborais que facilitan o despido e a contratación precaria non facilitan a creación de emprego digno.
 
Reino Unido, preocupado pola crecente emigración do estado español

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript