setembro de 2013
 
 

09/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O permiso de lactación aplicarase indistintamente ao home ou á muller

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas adoptou un Acordo polo que se aproban os criterios de interpretación do Artigo 48, Letra F/ da LEI 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. Este Acordo afecta, tamén ao artigo 76.1.e) do Decreto lexislativo 1/2008 do 13 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galiza.

 

  • Noticias relacionadas

 

 O Acordo contempla os seguintes puntos:

 

1.     O permiso de lactación pode ser exercido indistintamente polo home ou a muller. Non obstante, só poderá ser exercido por un dos proxenitores no caso de que ambos os dous traballen.

2.     O permiso de lactación é único para cada fillo e só un dos dous proxenitores pode gozar da totalidade do permiso, sen que caiba o seu desfrute simultáneo ou compartido.

3.     O permiso de lactación é un tempo de coidado destinado á alimentación e coidado do menor que se poderá gozar unicamente a partir da finalización do permiso por parto, ou unha vez que, dende o nacemento do menor, transcorrese un tempo equivalente ao que comprende o permiso por parto.  

4.     O permiso de lactación poderá gozarse, nos termos e coa duración máxima prevista no citado pretexto, ben como unha redución diaria da xornada, ben como un permiso que acumule en xornadas completas o tempo correspondente.  


No caso en que se acumule en xornadas completas, o permiso resultante terá sempre a mesma duración máxima con independencia de que sexa gozado polo home ou a muller.
 
O permiso acumulado en xornadas completas deberá de gozarse inmediatamente despois de que finalice o permiso por parto ou unha vez que dende o nacemento do menor, transcorra un tempo equivalente ao que comprende o permiso por parto.
 
Excepcionalmente, atendendo a circunstancias debidamente acreditadas de necesidades do coidado do menor, poderase conceder o devandito permiso nun momento posterior á finalización do permiso por parto, unicamente polo tempo que reste ata o cumprimento dos doce meses de vida do menor.
 
Este Acordo deriva da Sentenza de 30 de setembro de 2010 do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e da Sentenza 75/2011 do Tribunal Constitucional.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript