Número 198 - 09 de setembro de 2013
 
 

UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS-POR UNHA UNIVERSIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE

A Comunidade Universitaria manifestou en Compostela o seu rexeitamento aos recortes na universidade.

    Centenares de alumnos, profesores e PAS das universidades públicas galegas concentrámonos na praza do Obradoiro para, primeiro debuxar unha tesoira humana, acto mediante o que se quixo facer patente o rexeitamento á tesoirada que Feijoo lle meteu aos orzamento das universidades, posteriormente dirixímonos ás portas do Pazo de Fonseca onde permanecemos concentrados até as 13 horas.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Estamos afeitos a escoitar que non se pode facer caso das promesas dos políticos, sendo isto certo de xeito xeral, a este home non se lle pode facer caso nunca, mente máis que fala. O compromiso de Feijoo non é novo, adquiriuno, con anterioridade, na campaña electoral fixo un pac de promesas (que incluían a de facer funcionarios a tódolos laborais fixos, a de non reducir salarios na Administración Pública…). A credibilidade deste individuo non existe.

LABORAL

    Como xa vos informamos con anterioridade o goberno puxo en mans dunha “comisión de expertos” a planificación do seguinte recorte ás pensións públicas. A semana pasada a ministra convocou ás organizacións sindicais estatais para comunicarlles as directrices emanadas desa comisión e adiantarlles as liñas mestras do que vai a ser esa nova tesoirada.

ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DA FUNCIÓN PÚBLICA ARAGONESA

    Esta Asociación, na súa liña constante de defensa do dereito de acceso á función pública, como dereito fundamental recoñecido no artigo 23.2 da Constitución Española, desexa someter a unha análise de constitucionalidade o alcance da "taxa de reposición de efectivos" que, anualmente, se vén marcando pola Lei de Presupostos Xerais do Estado como límite á Oferta de Emprego Público no conxunto das Administracións Públicas.

SANIDADE PÚBLICA

    Dende o ano 2004 a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública vén realizando con periodicidade anual un Informe sobre a Situación Sanitaria das CCAA. Neste ano presentamos o X Informe.

ASEMBLEA GALEGA CONTRA O LUME

    As organizacións e persoas asinantes do presente documento entendemos que os incendios dos Canóns do Sil e de Quiroga-Larouco, paraxes todas de gran valor ecolóxico e social, foron o inicio da campaña de incendios que ano tras ano esnaquizan Galiza enteira.

NON Á GUERRA

    A Rajoy abondoulle cunha breve entrevista con Obama para cambiar o criterio que mantiña respecto da “intervención” en Siria. O goberno do estado español indicara a pasada semana que non se pronunciaría ata coñecer o informe de Nacións Unidas sobre o ataque químico do día 21, o que manda manda.

ECONOMISTAS SEN FRONTEIRAS

    Non sei se a vostedes lles pasma como a min a apatía nacional. Que a xente non saia con fachos á rúa para queimar a casa dos malos. Que non se formen tribunais populares que axusticen os culpables na praza pública. Que a xente vaia ao seu coma se non pasase nada.

OPINIÓN . María Eugenia R. Palop

    A combinación dun contexto de crise e un goberno do PP é unha grande oportunidade para banqueiros e empresarios, e non só lles ofrece un substancioso investimento, senón que propón unha contrarreforma institucional que garante a súa presenza e a súa capacidade de decisión nos corpos de xestión da Universidade.

    
  •   
 
 LABORAL
    O paro rexistrado no estado sitúase, no mes de agosto, en 4.698.783, 31 persoas menos que no mes de xullo, dato que para o goberno central supón un cambio de tendencia e a demostración práctica de que se crea emprego real.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas adoptou un Acordo polo que se aproban os criterios de interpretación do Artigo 48, Letra F/ da LEI 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. Este Acordo afecta, tamén ao artigo 76.1.e) do Decreto lexislativo 1/2008 do 13 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galiza
 MADRID - SANIDADE PÚBLICA
    Como consecuencia do Procedemento para a Protección dos Dereitos Fundamentais, o Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 decidiu suspender a execución dos actos administrativos impugnados.
 ECOLOXÍA
    ADEGA, Verdegaia e a SGHN fican sorprendidas ante a incongruencia do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente co “Bunkering”. As tres organizacións ecoloxistas non son capaces de entender como o ministerio que dirixe Miguel Arias Cañete aumenta a vixilancia sobre esta actividade na bahía de Alxeciras mentres que autoriza a posta en marcha dun sistema semellante na ría de Ferrol.
 ECONOMÍA
    A intervención do estado español polo FMI, BCE, UE ocultada baixo a eufemística denominación de rescate bancario xa a estamos a pagar entre toda a cidadanía, o que no seu momento foi unha denuncia agora transformase en evidencia recoñecida mesmo polo PP.
 LABORAL
    A miña esperanza de vida é inferior á media. Apenas son mileurista e levo máis dun mes en folga. Traballo na planta de tratamento de residuos da Coruña (a de Florentino Pérez) e decidín escribirvos esta carta para explicar a nosa situación. Perdoade que non dea o meu nome pero xa temos 8 despedimentos sobre a mesa e non quero ser a seguinte.
 LINGUA
    Valentín García aposta por "abrir un novo clima de diálogo" con todos os grupos e asociacións. A oposición pide cambios sustanciais e mesmo a retirada do decreto.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      DE GUINDOS AUGURA UNHA TAXA DE PARO INFERIOR Á PREVISTA PARA 2013

       
        OBAMA PREPARA O ATAQUE A SIRIA

         
          ESTADO ESPAÑOL: SÓ DOUS DE CADA DEZ MENORES DE 30 ANOS ESTÁN EMANCIPADOS DEBIDO Á CRISE

           
            QUE NON CUNDA O PÁNICOOOO! Hai Madrid 2024… e más aló!. ISO SI, O TEMPO NON PERDOA

             
              Números anteriores
               
              De interese
              O sindicalismo de clase depende de tí
              CALENDARIO LABORAL 2010
              CALENDARIO LABORAL 2011
              CALENDARIO LABORAL 2012
              CALENDARIO LABORAL 2013
              A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
               
              Sácalles a lingua  
               
              CONTRA O PACTO SOCIAL
              O XORNAL - información obreira
              O IMPERIALISMO NON PASARA!!
              NON AS NUCLEARES
              7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

              cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript