09/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Olimpíadas 2020
Todo se traduce no de sempre. Espremer sempre a este, ao débil, para que á nosa costa se estean chupando a vida pai unha delegación de quizais máis de mil persoas (Teñen reservados 390 cuartos nun hotel de luxo) Os recortes para nós e o chute estanse a dalo eles nun hotel de luxo en Buenos Aires a corpo de rei, con principiño e todo. Toma moreno.

Máis olimpíadas
O Goberno e os seus ¨socios¨ europeos, optaron pola vía da austeridade como panacea para resolver a crise. Explicaron unha e outra vez que para recuperar a confianza dos mercados fai falta recortar o gasto. Isto, fronte ás correntes que apoian un papel máis activo do Goberno para reactivar a economía a través de máis gasto público. Hai escolas e escolas e eles están a apoiar esa a calquera custo (eu non a apoio, pero imos supoñer que fóra acertada..). Entón con que cara se nos presentan agora como adaís das bondades do gasto público na creación de emprego?? É que eu podo ter a opinión que sexa, pero o Goberno, e neste caso o PP, simplemente estame dicendo: "Ti es parvo! ".
Mariano o gasto público debería orientalo a infraestruturas ou iniciativas de longo percorrido.

A olimpíada de cada día
O mais grave da nosa sociedade é que segue adiante coma se non pasase nada. Non importa que haxa seis millóns de parados, un millón de persoas sen tarxeta sanitaria, moitos menos profesores e médicos, que se estea a desmontar o estado de benestar. A vida segue. E temos que ilusionarnos con que nos dean uns xogos, con que gañe Nadal, co Madrid de Bale, o Barça de Neymar, co Celta ou o Deportivo, co Racing de Ferrol…. Temos que ilusionarnos con esas cousas para non nos parar a pensar no que nos están a quitar. Pois comigo que non conten. Que queden co seu negocio mediático, coas súas ganancias en comisións e estraperlos. Nestes momentos non me sinto español nin orgulloso da xente que me representa. E por suposto non participo da falsa euforia de todos eses que foron a Bos aires coas costas ben cubertas. Para moita xente, é unha proba olímpica sobrevivir cada dia.

Hai que desengancharse
Non se trata de depositar esperanzas mesiánicas nas marxes, nin en fantasiar co "home novo". Trátase de ir comendo terreo á sociedade de mercado, é dicir ao capitalismo. E iso non se improvisa nin se consegue dun día para outro. Non se pode facer dende arriba. A crise desvelou os mecanismos económicos e políticos desa falsa sociedade da abundancia e o just in time. O que hai que conseguir é que todos aqueles que asumisen a realidade, é dicir, que malia todo, cando as cousas vaian mal irán a por ti aínda que non teñas culpa de nada, é empezar a difundir anticorpos culturais, por dicilo así, que permitan á xente reaccionar ante a próxima ondada de atracos que, tan seguro como que o día segue á noite, volverán perpetrarse tarde ou cedo. E iso só se pode facer creando ou defendendo comunidades, regras e institucións comúns que proporcionen o máximo posible de seguridade e autogoberno. Desertar.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript