setembro de 2013
 
 

09/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  MADRID - SANIDADE PÚBLICA
 

Suspensión preventiva da privatización dos 6 hospitais

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas adoptou un Acordo polo que se aproban os criterios de interpretación do Artigo 48, Letra F/ da LEI 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. Este Acordo afecta, tamén ao artigo 76.1.e) do Decreto lexislativo 1/2008 do 13 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galiza.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os fundamentos para tal decisión son varios, cabe destacar que foi considerada a irreversibilidade do proceso ao sistema público previo en caso de que se confirmen os prexuízos expostos.
 
Enténdese que o proceso privatizador vai producir modificacións e cambios estruturais (como a destrución dos equipos de traballo, polo fenómeno de dispersión do capital humano), que afectan a máis do 18% da poboación madrileña e inclúen transaccións económicas cuantiosas (próximos aos 5.000 millóns de Euros).
 
Así mesmo deixa claro que non existen datos económicos (nin referencias ou experiencias a nivel internacional) que avalen os supostos beneficios económicos derivados dese plan e o feito de que a incompetencia para a xestión dos responsables da Consellaría en ningún caso debería xustificar un plan privatizador como este.
 
Por todo iso, considera necesario suspender cautelarmente o proceso, sen impoñer fianza ningunha (malia a solicitude dunha garantía de 65 millóns de Euros a AFEM por parte da Consellaría de Sanidade), dado que concorren presupostos legais abondo para proceder á suspensión.

Hoxe máis que nunca SI SE PODE!
 
Ver Auto do Contenciosos Administrativo

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript