setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  SIRIA
 

Non á agresión imperialista

As potencias imperialistas occidentais encabezadas por Estados Unidos e os seus aliados da OTAN preparan a invasión de Siria. Para preparar e realizar esta nova acción bélica xa puxeron en marcha unha campaña mediática (moi semellante á realizada coas armas de destrución masiva, inexistentes, campaña coa que xustificaron a invasión de Iraq) encamiñada a facer dixestible pola opinión pública a “intervención” xa decidida.

 

  • Noticias relacionadas

 

O goberno do estado español (integrado na OTAN) aliñouse, noutras ocasións coas potencias agresoras, desprazando forzas militares aos lugares das contendas e/ou  permitindo ás potencias imperialistas o uso das bases militares para que servisen de lanzadeira para os ataques, cousa que sen dúbida volvería a facer.
 
Non se pode esquecer que o estado español ten xa soldados desprazados na fronteira turca con Siria e na de Líbano con Israel, todos en teóricas misións de paz pero que se converterán en inimigos encanto comece a agresión.
 
O pobo sirio, como calquera pobo do mundo, é un pobo soberano que ten dereito a determinar o seu futuro sen inxerencias exteriores e moito menos que ese futuro llo deseñen as potencias militares de turno. Para defender ese dereito e protestar contra a xa decidida agresión imperialista convocouse unha concentración o luns, día 2 de setembro ás 20:30 horas diante da Delegación do Goberno na Praza de Ourense.
 
https://www.facebook.com/events/565242456844826/
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript