setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

O goberno afoga á clase obreira

O último consello de ministros aprobou un novo decreto que non é máis que unha nova volta de rosca coa que este goberno pretende rematar cos dereitos dos traballadores e traballadoras. O novo decreto vai na liña marcada de endurecer a reforma laboral introducindo e modificando normativas en materia de desemprego, contratación a tempo parcial, modificacións das condicións de traballo, procedementos de despedimentos colectivos…

 

  • Noticias relacionadas

 

O pasado día 3 de agosto o BOE publicou o Real Decreto Lei 11/2013 que contempla no seu Capítulo II a modificación da disposición adicional sétima da Lei Xeral da Seguridade Social, que contén as normas que lle son aplicables aos traballadores contratados a tempo parcial.incluíndo novas bonificacións para os contratos a tempo parcial o que impulsará, aínda máis, este tipo de contratación fronte aos contratos indefinidos.
 
A norma, no seu Capítulo II, comprensivo dos artigos 6 a 8 modifica a Lei Xeral da Seguridade Social, a Lei de Emprego e na Lei de Infraccións e Sancións na Orde Social, Limítando a capacidade de movemento dos traballadores e traballadoras en situación de desemprego pois unha ausencia do estado de máis de 15 días suporá a perda da prestación.
 
O artigo 9 do novo Real Decreto cámbianos cinco artigos do Estatuto dos Traballadores, afectando á regulación da comisión negociadora e dos suxeitos que, en representación dos traballadores, están lexitimados para actuar como interlocutores ante a dirección da empresa durante o período de consultas que deberá ter lugar con carácter previo á adopción de medidas colectivas de mobilidade xeográfica (artigo 40.2), modificación substancial de condicións de traballo (artigo 41.4), así como nos procedementos de suspensión de contratos ou redución de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción (artigo 47.1), de despedimento colectivo (artigo 51.2) e de inaplicación de condicións de traballo previstas en convenios colectivos (artigo 82.3).
 
Como xa houbo varias sentenzas declarando ilegais unha gran cantidade de despedimentos colectivos, este goberno tan preocupado polo emprego establece un sistema de negociación máis favorables para o empresario tanto nos ERE de extinción definitiva de postos de traballo como nos ERE de extinción temporal así como para a modificación das condicións de traballo.
 
Lexíslase, novamente, coa finalidade de facilitar os procesos de despedimento e a desregulación das relacións laborais, O goberno crea normativa, unha vez máis, para que os traballadores e traballadoras sigamos sendo o chibo expiatorio da crise creada pola avaricia do capital.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript