setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS - MOBILIZACIÓNS
 

O acto oficial da inauguración do curso 2013-2014. O momento, o lugar

A mediados do mes de xullo (o día 17), en reunión realizada na Universidade de Compostela a representación dos traballadores das universidades públicas de Galiza decidiuse o inicio de accións conxuntas e unitarias para dar resposta aos recortes que se nos impoñen desde os poderes políticos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na primeira das accións programadas, unha semana despois do seu comezo, fíxose a entrega de máis de 300 reclamacións ao Valedor do Pobo.
 
Corresponde agora a realización dunha acción máis directa e que visibilice nos fuciños dos políticos o noso rexeitamento aos recortes impostos que tentan rematar coa universidade pública e precarizar aínda máis as condicións laborais económicas e sociais das súas traballadoras e traballadores.
 
O acto oficial de inauguración do curso académico 2013-2014 que este ano se realizará na Universidade de Compostela o vindeiro día 6 de setembro (venres) é o momento axeitado para que demostremos ese rexeitamento. A ídea, polo momento, é a realización dunha cadea humana con tesoiras na man para simbolizar as tesoiradas ao orzamento.
 
Como este ano ese acto oficial non corresponde á UDC, temos un día máis de “asuntos particulares”, corresponde aproveitalo para, dun xeito presencial, dicirllo ao presidente da Xunta, conselleiro de Educación,e/ou  persoeiros que acudan ao acto.
 
Pedímosvos, polo tanto, que solicitedes ese día para acudir, o maior número de traballadores e traballadoras a ese evento, procedendo segundo se indique dende os órganos de representación.
 
Que non nos impoñan os recortes co noso silencio cómplice!.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript