Número 197 - 02 de setembro de 2013
 
 

UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS - MOBILIZACIÓNS

O acto oficial da inauguración do curso 2013-2014. O momento, o lugar

    A mediados do mes de xullo (o día 17), en reunión realizada na Universidade de Compostela a representación dos traballadores das universidades públicas de Galiza decidiuse o inicio de accións conxuntas e unitarias para dar resposta aos recortes que se nos impoñen desde os poderes políticos.

UNIVERSIDADE - PAS LABORAL

    O 31/07/2013 a UGT presenta conflito colectivo contra a supresión da paga extra de decembro de 2012 ao persoal laboral da Universidade da Coruña. O conflito colectivo admitiuse a trámite e sinálase o día 24 de outubro ás 10:45 horas para “o intento conciliatorio”.

ACCIDENTE FERROVIARIO

    O día 31 de xullo participamos na concentración realizada na estación de San Cristovo convocados pola PLATAFORMA EN DEFENSA DO TREN A CORUÑA E AS MARIÑAS da que formamos parte, para esixir, entre outras cousas, a realización dunha investigación seria, que sexa independente do Ministerio de Fomento, para aclarar todas as circunstancias que rodean ao accidente e que, unha vez concluída esta, sexan dirimidas todas as responsabilidades penais e políticas a que houbera lugar, sen ningún tipo de presión por parte de RENFE, ADIF (cuxo presidente xa se pronunciara culpando do sucedido exclusivamente ao maquinista). Esiximos, dende o primeiro momento, que se soubera a verdade, sexa cal sexa.

XUNTA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    A nova Lei do Emprego Público segue o trámite previsto, Na última reunión da Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, realizada o 2 de agosto o director xeral informou de que as negociacións se retomarán en setembro.

LABORAL

    O último consello de ministros aprobou un novo decreto que non é máis que unha nova volta de rosca coa que este goberno pretende rematar cos dereitos dos traballadores e traballadoras. O novo decreto vai na liña marcada de endurecer a reforma laboral introducindo e modificando normativas en materia de desemprego, contratación a tempo parcial, modificacións das condicións de traballo, procedementos de despedimentos colectivos…

LABORAL

INCENDIOS

    Arde Galiza e non é en sentido figurado, cada verán Galiza perde masa arbórea resultado do desleixo e da falta de coidado e preparación dos montes para etapa de altas temperaturas.

EMERXENCIAS

    Os bombeiros que participaron no rescate durante o accidente de tren en Angrois puxeron de manifesto a falta de organización das emerxencias nesa acción. Segundo o artigo publicado en El País o 24 de agosto de 2013 tres sociedades ocúpanse dos parques comarcais, unha empresa de publicidade atende o servizo 112 e unha unión de empresas asumen os helicópteros

SANIDADE PÚBLICA

    Ante a información de que o SERGAS vai poñer en marcha a posibilidade de realizar consultas de atención sanitaria por medio do teléfono a todos os pacientes no momento en que solicitaban unha consulta a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar.

SIRIA

    As potencias imperialistas occidentais encabezadas por Estados Unidos e os seus aliados da OTAN preparan a invasión de Siria. Para preparar e realizar esta nova acción bélica xa puxeron en marcha unha campaña mediática (moi semellante á realizada coas armas de destrución masiva, inexistentes, campaña coa que xustificaron a invasión de Iraq) encamiñada a facer dixestible pola opinión pública a “intervención” xa decidida.

OPINIÓN . Pascual Serrano

    Estar en contra dun bombardeo da OTAN ou unha invasión estadounidense non significa que se defenda ao réxime de Asad.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADES
    O Tribunal Supremo, mediante a sentenza que xuntamos, obriga a dar de alta na Seguridade Social aos mozos e mozas participantes en programas de formación vinculados a estudos universitarios eu de formación profesional que leven consigo contraprestacion económica.
 COMISIÓN DE PERSOAL DA XUNTA DE GALICIA
    O pasado 1 de agosto aprobouse na Comisión de Persoal, co voto en contra da maioría da representación sindical, excepto a CSIF, o anteproxecto de Lei de racionalización do sector público. Un proxecto de lei que crea macroentes para dar a cobertura necesaria ás políticas privatizadoras deseñadas polo goberno do PP.
 LABORAL
    Neste mes pasado tanto o Fondo Monetario Internacional como a Comisión Europea e, non podían faltar, os empresarios chourizos sacaron de “recetario” para indicar cales son as súas “novas solucións” ao mal endémico do paro, as medidas non son outra cousa que máis do mesmo, é dicir máis precariedade e paro para os traballadores e traballadoras.
 CORUÑA - ALBADA EN LOITA
    Diante da pretensión de facer un cambio de modelo da planta de Nostián, pasando de ser unha planta de tratamento de residuos urbanos (reciclaxe) a unha planta de transferencia de residuos, os traballadores de Albada, empresa do grupo URBASER, propiedade do mafioso Florentino Pérez, levan xa máis dun mes en folga indefinida (comezaron o día 28 de xullo)
 SOS SANIDADE PÚBLICA
    Valoración da Plataforma SOS Sanidade Pública da Convocatoria de Subvencións 2013 que recorta os fondos para proxectos e programas de prevención do VIH en Galicia xestionados por entidades privadas sen ánimo de lucro.
 POLÍTICA
 NOVO HOSPITAL DE VIGO
    Nuñez Feijóo ao gañar as últimas eleccións abandonou o modelo de financiamento e xestión publica do NHV que se estableceu o anterior goberno a través da SPI (Sociedade Pública de Investimentos de Galicia) e decidiu substituílo por un modelo de financiamento e xestión privada tipo PFI, cun sobrecusto aproximado de 1.200 millóns de euros, sen incluír merma nos beneficios públicos e os copagos que gravarán á poboación da Área, debido á cesión á UTE da xestión do aparcamento e dos outros locais da contorna hospitalario.
 LINGUA
    A asociación en defensa da lingua pediu a intervención do Valedor do Pobo ante o que considera un caso “extremadamente grave”
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      OBAMA, OUTRO INDIGNO PREMIO NOBEL DA PAZ, EMPEÑADO EN IMBADIR SIRIA

       
        FÁTIMA BÁÑEZ ANUNCIA QUE SÓ HABERÁ UN ÚNICO MODELO DE CONTRATO QUE SE DENOMINARÁ: O QUE QUEIRA O AMO EMPRESARIO

         
          ARRANCA O CURSO POLÍTICO

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript