setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

As consultas telefónicas implantadas polo SERGAS serven para recortar

Ante a información de que o SERGAS vai poñer en marcha a posibilidade de realizar consultas de atención sanitaria por medio do teléfono a todos os pacientes no momento en que solicitaban unha consulta a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

 

  1. Consideramos positiva calquera medida que mellore a accesibilidade dos cidadáns aos servizos sanitarios
  2. A consulta telefónica fai anos que se está desenvolvendo en centro de atención primaria por iniciativa dos propios profesionais
  3. Con todo tralas políticas de recorte e redución de recursos posta en práctica polo SERGAS coa escusa da crise (deixáronse de crear 198 prazas de medicos de familia, 385 de enfermeria, 66 novos centros de saúde, o 60% do investimento previsto en equipamento dos centros, non se cubren as baixas por xubilación nin hai substitucións por vacacións, por poñer algúns exemplos) queremos realizar algunhas consideracións e alertas para evitar posibles efectos negativos:
  • A chamada debe realizarse a través dun teléfono gratuíto, e non dun 902 , xa que supoñería introducir un novo copago na atención sanitaria.
  • Tampouco as chamadas deberán ser a cargo dás empresas concesionarias que traballan para a Xunta e que están facendo un gran negocio con diñeiro públicos (nalgúns casos con intereses cruzados con persoas vinculadas á administración)
  • Deixar claro que as chamadas deben circunscribirse a  temas concretos como aclarar dúbidas, completar información, comentar síntomas, etc. A gran maioría dos actos de saúde necesitan a presenza do paciente para ser visto, interrogado e explorado/a por o médico/a, a realización de probas complementarias etc.
En resumo non se pode pretender substituír consultas por chamadas telefónicas para reducir as listas de espera (que xa están xurdindo en atención primaria) ou servir de escusa para continuar coas políticas de recortes de recursos.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript