02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Sobrarán universidades
Está claro que con estes custos e a crise agora si van sobrar universidades. E non habendo bolsas mais aínda. Supoño que é o que querían. Máis paro, máis rapaces que non poden estudar e que non encontrarán traballo porque non o hai e sen formación será aínda máis complicado, en realidade é o que buscan, carne de canón laboral. Outro obxectivo cumprido da dereita. Non seria mais lóxico que os que máis teñen paguen máis? Educación para uns poucos como en tempo de Maricastaña. E agora rebentemos aos sindicatos. Nada novo. O pasado volve.

Unha reflexión
Temos que empezar a entender que os que gobernan agora tomáronnos moita dianteira. A estas alturas deberiamos estar a cavar trincheiras e parapetos, porque os seus ataques son reais e hai xente que está a perder as ganas de vivir. As ditaduras "refináronse" e agora operan con anestesia xeral. Non esquezamos o que temos en fronte: uns "patriotas" con maioría absoluta e licenza para matar. E que ninguén dubide que para defender os seus privilexios farán o que sexa necesario. Isto non é ningunha broma, xa aconteceu no pasado, -de feito sempre foi así- pero fai falta Educación e coñecemento da Historia, (algo que nos están a roubar de novo) para saber TODO o que simboliza a inocente gaivota pepeira.

A educación
A educación é unha das maiores achegas á liberdade do individuo. Unha persoa preparada ten maior capacidade de razoar, de discernimento e de crítica. Iso, evidentemente, choca frontalmente coas aspiracións dos neocons, eles prefiren unha "plebe" submisa e ignorante, cultivada en programas como Sálvame ou GH, xente que pense pouco, que analice menos e que trague co que Deus quixo que sexa o mundo dende que é mundo, ricos a un lado, pobres a outro e canto maior sexa a distancia mellor para os primeiros. A chegada da democracia hai case trinta e cinco anos fíxonos pensar que aquela España do porrón e as alpargatas quedaran atrás para sempre, que o analfabetismo era cousa do pasado e que o futuro era noso. De feito, hoxe, temos a xeración máis culta e máis preparada da historia deste pais Para que ? pois para que busquen os seus horizontes onde antes o facían os emigrantes dos pobos máis pobres como único camiño para poder sobrevivir. Para esta viaxe está claro que non necesitabamos destas alforxas. Se consentimos isto, se permitimos que esta dereita insufrible se consolide no poder, entón non teremos dereito a queixarnos de nada. Na nosa man está o que isto non sexa así, que o camiño recorrido servise para algo máis que para enriquecer a unha cuadrilla de desaprehensivos que nos gobernan dende a súa cobiza.

O PP é unha empresa
O PP funciona como  unha empresa, como unha empresa pública, financiada se se fixese de xeito legal por diñeiro público obtido dos votos. E ademais debería ser unha empresa cuxo obxecto social fose servir ao interese común. Pero, e aí vén a perversión, o PP aprovéitase dos mecanismos legais para funcionar como unha empresa privada, cuxo obxectivo é enriquecerse aproveitando todos os resortes do poder. Ademais vende un produto moi tóxico, involucionismo ideolóxico, utilizando todas as canles de distribución. E o malo é que hai xente que o compra.
Por iso hai que intentar que esa empresa quebre, porque a súa ganancia nos fai mais pobres a todos, económica, política e moralmente.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript