setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

Os/As perceptores/as de bolsas de formación teñen que ser dados de alta na Seguridade Social

O Tribunal Supremo, mediante a sentenza que xuntamos, obriga a dar de alta na Seguridade Social aos mozos e mozas participantes en programas de formación vinculados a estudos universitarios eu de formación profesional que leven consigo contraprestacion económica.

 

  • Noticias relacionadas

 

O pacto social subscrito entre o goberno Zapatero e  as organizacións sindicais maioritarias contemplaba a obriga das universidades a cotizar á Seguridade Social polas cantidades percibidas en calidade de bolsa de formación, pero o goberno non tardou un mes en dar marcha atrás debido á presión das universidades (RD 171/2011) decisión que o Tribunal Supremo (Sentenza do 21 de maio de 2013) ven de rexeitar.
 
Os efectos inmediatos desta Sentenza son:
- Restablécese a obriga de dar de alta estas persoas.
- Ábrese a posibilidade de reclamación polos períodos que, dende novembro de 2011, debían ter sido cotizados e non o foron pola indebida aplicación do Real Decreto que agora se declarou nulo de pleno dereito.
 
Sentenza
 
Prazo extraordinario de alta e cotización de bolseiros e bolseiras

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript