setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  CORUÑA - ALBADA EN LOITA
 

Solidariedade cas traballadoras e traballadores de ALBADA

Diante da pretensión de facer un cambio de modelo da planta de Nostián, pasando de ser unha planta de tratamento de residuos urbanos (reciclaxe) a unha planta de transferencia de residuos, os traballadores de Albada, empresa do grupo URBASER, propiedade do mafioso Florentino Pérez, levan xa máis dun mes en folga indefinida (comezaron o día 28 de xullo).

 

  • Noticias relacionadas

 

A dirección da empresa, aproveitando a reforma laboral aprobada polos seus amigos do PP despediu, nos últimos meses 11 traballadores/as, na actualidade a empresa ten 25 traballadoras/es menos que no ano 2011.
 
Paralelamente queren acabar co convenio colectivo, para rematar cos xa limitados dereitos laborais económicos e sociais pretendendo pagar o salario mínimo interprofesional e, entre outras cousas, incrementar as horas de traballo semanais o que implicaría o despedimento de 18 traballadores/as máis.
 
Cada día que pasa trasládase máis lixo a outros vertedoiros de URBASER sen que exista ningunha labor de reciclaxe. Os veciños e veciñas da Coruña pagamos relixiosamente por unha reciclaxe que non se realiza.
 
É de destacar o patético labor do noso “ilustrísimo” alcalde Carlos Negreira que, unha vez máis, lonxe de reclamar á empresa a realización das labores incluídas na licitación do servizo (permitindo que non se recicle nada) e defender os intereses da cidade fronte aos empresariais, dobrégase diante da mafia do lixo  permitindo e favorecendo a continuación do roubo e o menoscabo dos dereitos dos traballadores e traballadoras.
 
O día 26 durante o paro que en apoio á loita das traballadoras e traballadores de Albada se desenvolveu dende as 23.00 horas do luns até as 23.00 horas do martes 27, participamos activamente nos piquetes conseguindo a paralización total da actividade de recollida e tratamento do lixo na zona da Coruña
 
Ás 12 da mañá do día 27, para demostrar publicamente o apoio á loita dos traballadores/as de Albada, unhas 2.000 persoas participamos na manifestación que, con saída da Praza de Pontevedra, percorreu as rúas do centro da cidade para rematar na Praza de María Pita onde lle fixemos patente as nosas esixencias ao alcalde monicreque.
 

  • ·         Esiximos a inmediata readmisión dos traballadores despedidos.

  • ·         Esiximos a negociación dun convenio onde se restitúan os dereitos laborais económicos e sociais dos traballadores e traballadoras de ALBADA.

  • ·         Reclamamos, que, diante da mafiosa posición e da mala fe demostrada pola empresa en todo este proceso e en todo o tempo que lava en mans de URBASER o Concello proceda ao rescate da concesión procedendo a unha nova licitación onde se inclúan cláusulas que aseguren os dereitos dos traballadores e traballadoras.

 
Mentres esta situación non cambie, como berramos na manifestación, A MERDA QUEDA AQUÍ E OS CARTOS PARA MADRID.
 
ALBADA SOMOS TODAS!!!
 
Artigo recollido do blog do 15M de Monte Alto

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript