setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  SOS SANIDADE PÚBLICA
 

Desmentelamento de recursos prevención do VIH en Galicia

Valoración da Plataforma SOS Sanidade Pública da Convocatoria de Subvencións 2013 que recorta os fondos para proxectos e programas de prevención do VIH en Galicia xestionados por entidades privadas sen ánimo de lucro.

 

  • Noticias relacionadas

 

1º.- Esta Orde introduce un recorte brutal no orzamento das subvencións para proxectos de prevención do VIH do 65 % no 2013 e do 60% no 2014 , que afectará gravemente a política de prevención da saúde pública por parte do Goberno actual da Xunta de Galicia.
Partidas Subvención proxectos prevención VIH Galicia do 2012-2013-2014.

2011

2012

2013

2014

Subv. VIH do 2012 Xunta de Galicia

Subv. VIH do 2012 Xunta de Galicia

Subv. VIH 2013

Xunta de Galicia

Subv. 2014

Xunta de Galicia

· 149.061,00 €, para asociación

· 12.276€ para concellos.

145.0000 € para entidades

51.900 € para entidades

58.000 € para entidades

2012. Ano no que suprimen as axudas aos concellos

65% de redución con respecto ao 2012 (entidades)

60 % de redución con respecto ao 2012 (entidades)

 

2º.- O recorte afecta fundamentalmente aos Comités Antisida que levan anos traballando en actividades relacionadas coa prevención do VIH en colectivos vulnerables, realizando diagnóstico precoz, actividades de atención sociosanitaria ás persoas seropositivas e loitando contra a discriminación das persoas afectadas, seguindo as recomendacións dos organismos internacionais (ONUSIDA, OMS,..).
 
3º.- Os recortes reducen en catro o número de Comités Antisida (A Coruña, Ourense, Ferrol -Lazos), ECOS do SUR ou Faraxa, o que supón o desmantelamento dunhos recursos que tanto costou crear e manter e que demostraron sobradamente a súa eficacia (segundo se constata nos informes epidemiolóxicos da propia Consellería de Sanidade). Como xa pecharon o Comité Cidadán Galego Antisida (Santiago de Compostela), Comité Antisida de Lugo, Colectivo Moucho de A Coruña, ASUT Ourense e Comité antisida de Vilagarcía de Arousa, complétase así o desmantelamento do Plan Autonómico do Sida, descoñecéndose o que vai suceder a partir de agora.
 
4º.- Esta medida ten un evidente contido ideolóxico xa que pretende acabar co modelo baseado na participación social e comunitaria das persoas afectadas, racha co baseado no dereito, na equidade e na igualdade de oportunidades, para restaurar o modelo de atención baseado na caridade (en favor das organizacións vinculadas a Igrexa Católica) reducindo a capacidade de resposta e de actuación das entidades como os Comités Anti Sida que, dunha forma seria i eficiente, ven traballando con o VIH durante os últimos 20 anos.
 
www.sos-sanidadepublica.org

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript