setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  COMISIÓN DE PERSOAL DA XUNTA DE GALICIA
 

Anteproxecto de Lei de racionalización do sector público

O pasado 1 de agosto aprobouse na Comisión de Persoal, co voto en contra da maioría da representación sindical, excepto a CSIF, o anteproxecto de Lei de racionalización do sector público. Un proxecto de lei que crea macroentes para dar a cobertura necesaria ás políticas privatizadoras deseñadas polo goberno do PP.

 

  • Noticias relacionadas

 

O anteproxecto aprobouse sen que se aceptase, salvo cuestións de matiz,  ningunha das emendas da representación sindical.
 
O CIXTEC absorbe ao IGE, organismos antagónicos e fusionados co afán de controlar politicamente a información. Ao noso entender periga a protección dos datos persoais dos cidadáns.
 
O que si houbo foi un cambio polo que as organizacións sindicais presentes no Consello Galego de Benestar pasan de ser as máis representativas a nivel da comunidade (CIG, CCOO, UGT), para ser as que están presentes na Mesa Xeral (CCOO, CIG, UGT, CSIF), o que, sen dúbida, “axudou” ao voto positivo do sindicato corporativo.
 
Anteproxecto de lei

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript