setembro de 2013
 
 

02/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Crise, a mentira gobernamental

Fai uns días a ministra Fátima Báñez presentou o Informe de Impacto da Reforma Laboral na conferencia de prensa na que literalmente dixo que “la reforma laboral ha frenado el ritmo de destrucción de empleo”, dous días despois o EUROSTAT sinalou nun comunicado que a taxa de paro no estado español, en xullo, foi do 26,3%, case un punto máis que en 2012. O goberno mente descaradamente.

 

  • Noticias relacionadas

 

O propio Ministerio de Emprego e Seguridade Social (MEeSS) publicou os datos estatísticos provisionais sobre procedementos de ERE rexistrados nos primeiros seis meses de 2013 Tratou, co informe, de presentar unha suposta redución de procesos e de persoas afectadas e así reflectir o hipotético final da destrución de emprego como consecuencia das medidas adoptadas polo Goberno. Non obstante, os datos non permiten dar paso a ningún tipo de euforia, máis ben ao contrario.
 
Os datos presentados son provisionais e parciais, como aclara o mesmo MEeSS, xa que non se inclúe a información relativa a Cataluña durante os meses de xaneiro a abril de 2013, polo que evidentemente non reflicten o realmente acontecido durante o período de referencia no conxunto do Estado. Isto impide facer unha comparativa cuantitativa e cualitativa real sobre a evolución dos ERE e implican que a situación será aínda peor.
 
Por outro lado, a devandita suposta redución xenérica do número de procesos e afectados veríase totalmente eclipsada e cuestionada polo imparable aumento dos despedimentos colectivos que, comparativamente co mesmo período do ano anterior, crecen nun 2,1% (38.909 persoas afectadas).
 
Outro dato significativo e que saca a luz a xeneralización da precarización é o recentemente coñecido de que o descolgue de convenios triplicouse no que vai de 2013 respecto ao mesmo período do ano 2012, os cambios afectaron a 110.000 empregados, un 340% más que en 2012.
 
O ministerio está a realizar un amplo despregue nos medios de comunicación para maquillar unha situación que os datos desmenten sistematicamente evidenciando que a reforma laboral é unha ferramenta lexislada para a destrución de emprego e a precarización das condicións laboralis. Xa, alertamos reiteradamente de que a reforma laboral ía a supoñer, como os datos demostran, unha potenciación dos despedimentos individuais e colectivos que teñen o seu reflexo en grandes procesos de reestruturación que, case a diario, están a afectar a miles de traballadoras/es tanto do sector privado coma do sector público.
 
Mentres que isto ocorre a banca gañou un 67% máis ata xuño pero reduciu en máis dun 7,3% os préstamos
 
A quén beneficia a saída que se lle está a dar a crise?
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript