Xullo de 2013
 
 

29/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Xubilacións na universidade e outras cuestións colaterais

Na UDC iso da Comunidade Universitaria como obxecto de dereitos onde, coas salvidade da pertenza a un colectivo concreto, todos os seus membros gozamos de dereitos equiparables, é unha falacia, diso todo o PAS é consciente.

 

  • Noticias relacionadas

 

No Consello de Goberno do día 26 de xaneiro de 2006 apróbanse as  MEDIDAS INCENTIVADORAS PARA A XUBILACIÓN VOLUNTARIA DO PROFESORADO DOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.
 
Por si non eran poucos os privilexios, no Consello de Goberno do 3 de abril de 2008 apróbase a PROPOSTA DE DISPOSICION ADICIONAL A ENGADIR NAS MEDIDAS INCENTIVADORAS PARA A XUBILACION VOLUNTARIA DO PROFESORADO DOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS DA UDC.
 
Para os/as que non queirades ler os acordos, os PDI viñan a cobrar dúas pensión, unha abonada polo estado e outra pola universidade esta parte calculábase do seguinte xeito:
 
“Calcularase a diferenza entre as retribucións brutas anuais do/a profesor/a (excluídas, de ser o caso, as percepcións por cargos académicos) e a pensión máxima anual que poida percibir de conformidade coa Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano correspondente.”
 
A percepción é mensual e até que o profesor/a cumpra os 70 anos (en xeral dende os 60 aos 70 anos) ao que hai que engadir o custo do PDI contratado para o posto que deixaba baleiro o que se xubilaba.
 
Segundo se publica na prensa o Tribunal de Contas detectou que estas prexubilacións  carecen de «soporte legal»
 
Na última reunión da Comisión de Asuntos Económicos Nuria preguntou si se tiña algo pensado ao respecto destes incentivos.
 
A resposta foi que dende o ano pasado xa non se conceden pero que os concedidos en anos anteriores consérvanse.
 
Temos que significar a diferenza de trato que existe segundo colectivo ao que pertenzas lembrando que, o PAS laboral non tivo RPT dende o ano 2005, que non se executou a Transitoria II do Convenio Colectivo porque, segundo a representación da universidade non se podía por falta de diñeiro e por imposibilidade legal mentres se cometía esta ilegalidade na que se gastaron centos de miles de euros sen que ao equipo reitoral lle tremese a man, aínda máis, unha vez coñecida a súa ilegalidade séguese a proceder ao seu aboamento.
 
Preguntouse, tamén, sobre o plús de altos cargos que, como vos dixemos en anteriores PASquíns está a abonar a universidade, e a resposta foi que se seguirá pagando.
 
Para isto e outras cousas semellantes sempre haberá cartos, aínda que nos medios de comunicación o equipo reitoral signifique a precaria situación económica da institución.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript