Xullo de 2013
 
 

29/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Certificados e firma dixital, son obrigatorios?

Sabemos que no colectivo de PAS hai unha discusión sobre a obrigatoriedade ou non de proceder á obtención dos certificados da FNMT polo persoal da UDC.

 

  • Noticias relacionadas

 

No seu día, dende a Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías distribuíuse un correo electrónico no que se dicía textualmente:
 
“Na Universidade da Coruña tentamos dar un decidido impulso a incorporación de procedementos de Administración Electrónica, tanto na xestión económica como na administrativa e académica. Para isto e fundamental que os PDI e PAS da UDC dispoñan de certificados da FNMT que permitan a dispoñibilidade da firma dixital. A UDC firmou convenio coa FNMT que nos permite emitir os certificados nos nosos rexistros.”
 
Un compañeiro remítenos as súas apreciacións ao respecto que agardamos sirvan para clarificar o asunto.
 

1.     O DNI é un documento único que serve para diferenciar a distintos cidadáns con idéntico nome e apelidos. Por iso se usa para tódolos actos (administrativos, mercantís, civís e, incluso, penais) e, no caso que nos ocupa, tanto para a sinatura dixital para Admón. Pública coma para o de cidadán. Por tanto, a sinatura dixital sexa cal sexa regúlase polo R.D. 1553/2005, de 23 de decembro (BOE 24 decembro 2005), polo que se regula a expedición do DNI e os certificados de asinatura electrónica

 

2.     Cando una persoa obtén, previa oposición ou concurso-oposición, unha praza na Admón Pública danse os seguintes feitos:

a)    A Administración correspondente faille un nomeamento nun diario oficial, donde aparece a devandita persoa co seu DNI (elemento diferenciador doutra).

b)    A Administración formalízalle a incorporación ao centro de traballo mediante un contrato si é persoal laboral ou formaliza o acto de toma de posesión si é funcionario.

c)    E, por último, a Administración asígnalle ao seu persoal un Número de Rexistro de Persoal (que ven a ser o DNI con dous díxitos máis e despois, no caso dos funcionarios o corpo ou escala de pertenza, e no caso do persoal laboral inclúese o código de convenio colectivo, grupo, etc.).

 

3.     Visto todo o anterior pódese concluír que se segue utilizando o DNI, documento persoal e intransferible, para a confección da sinatura dixital xa sexa para a Administración pública como a de cidadán, cando dende as distintas Administracións Públicas existe un "DNI propio e único" que é o Número de Rexistro Persoal. Con ese "DNI" posiblemente se podería facer obrigatoria a sinatura dixital para a Admón. Pública e pola propia administración de orixe, pero o que resulta contraditorio é que a UDC che obrigue a facer a sinatura dixital e que sexa o propio usuario o que lla teña que solicitar á FNMT (é como pedirlle á FNMT a corda para que a UDC te aforque, pois se a UDC te quere "aforcar" que lle pidan "a corda" eles mesmos). É dicir, no obrigatorio non pos nada da túa parte, salvo o teu corpo ao non quedarche máis remedio.

 

Espero que sirva para clarificar ideas entre o que é obrigatorio e o que é conculcar dereitos individuais dos cidadáns.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript