Xullo de 2013
 
 

29/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno

Como vos dixemos no anterior PASquín, se non había nada importante pechabamos as edicións até setembro. Como se da a circunstancia de que si hai novidades que transmitirvos, que consideramos de interese para o PAS imos tratalas de xeito exclusivo neste novo número.
 
O día 23, martes, houbo unha nova reunión do Consello de Goberno, que resumimos.

 

  • Noticias relacionadas

 

O tratado neste Consello de Goberno e que pode ser do noso interese sería:

 

  • Xa se negociou o convenio colectivo do PAS laboral, estase elaborando unha última redacción que se enviará aos representantes para a súa aprobación antes da publicación.

  • Por sentenza declaráronse nulos os despedimentos  de 2 traballadores do Cap.VI, que terán que ser readmitidos de xeito obrigatorio. Esta readmisión farana no Cap.VI, pero como non teñen financiamento, todo parece indicar que se trasladarán fondos do Cap. I ao VI para os seus custos salariais.

  • Aprobouse o regulamento da residencia universitaria en Ferrol, nun principio conta con 22 prazas. Nuria preguntou se está previsto algún outro uso fora do período lectivo, como aloxamento de PAS ou de profesores visitantes. Contestou a vicerreitora de Ferrol que se vería a posibilidade doutros usos nestes períodos non lectivos, aínda que o reitor puntualizou que posto que se trata dunha doazón, calquera outro uso distinto de residencia universitaria debería ser acordado co doante.


Houbo debate sobre as eleccións do cap. VI. A CIG presentou o primeiro preaviso para celebrar eleccións neste colectivo, aos poucos días CCOO e UGT presentaron outro preaviso, segundo o que se retrasaría o proceso electoral. A Xerencia, no canto de convocar a constitución da Mesa Electoral segundo o primeiro preaviso, toma partido, de xeito indebido ao noso entender, e actúa segundo a convocatoria presentada polos sindicatos CCOO e UGT. Aínda que a determinación do árbitro establece que o proceso debe ser realizado segundo o preaviso presentado polos sindicatos CCOO e UGT, consideramos que a actuación da Xerencia foi incorrecta ao tomar partido por unha das partes. Entendemos que a Mesa Electoral debeuse constituír segundo o establecido no primeiro dos preavisos que recibe a empresa (o presentado pola CIG), sendo os sindicatos desconformes os que recorresen á arbitraxe. Lembramos que nos procesos de eleccións sindicais as empresas teñen como obriga facilitar a realización do proceso e nunca tomar partido por ningunha das partes que se presentan.

Estamos á expectativa do acordado na negociación do novo Convenio Colectivo.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript