Xullo de 2013
 
 

29/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES GALEGAS
 

Preparando mobilizacións unitarias

O día 17 deste mes reuniuse en Compostela unha representantes dos órganos de representación do persoal (PAS; PDI, Capítulo VI) das tres universidades galegas, aínda que non se concretaron medidas mobilizadoras acordouse a elaboración dun comunicado que se está a discutir entre os sindicatos e colectivos presentes nos órganos de representación dos traballadores e traballadoras da UDC.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tamén se acordou, como primeira medida, a presentación do seguinte formulario dirixido ao Valedor do Pobo.
 
Aínda que non hai concreción nas accións de mobilización é a primeira vez que se albisca a posibilidade das accións conxuntas que saudamos e reclamamos con anterioridade. Pensamos que a inauguración oficial do curso, que este ano se realizará na Universidade de Santiago de Compostela é un punto de referencia para estas primeiras mobilizacións.
 
Animámosvos a participar activamente en todas as iniciativas que se preparan para fortalecer a universidade como servizo público e defender os dereitos que nos queren eliminar.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript