29/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


A catástrofe
As imaxes deses gobernantes e acólitos vestidos todo de negro, farsantes e hipócritas, recordan, como sempre, os preeiros disputándose a carnaza; as cales van ser manipuladas e apalpadas ata a extenuación, non para informar, senón para acolloar e intimidar moitos infelices. Nada mellor para desviar a atención a tanta estafa que seguimos padecendo, patrocinada e exercida polos mesmos homes de negro.
Apesta toda autoridade pública que se aferra a unha traxedia puntual como esta para intentar aproximarse ao pobo. Os xestos grandilocuentes e a tristura e solemnidade finxidas de calquera que co seu actos, palabras ou omisións causa que a esperanza de vida das persoas desfavorecidas diminúa un só día, a calidade de vida dos nenos e anciáns diminúa unha milésima parte, non merecen máis que o noxo e a repulsa, e a protesta de calquera ser humano.
Apropiarse da dor inmensa e brutal nun instante así é unha vergoña. Xa o fixeron no pasado e sempre verán estes dramas como unha oportunidade para revalorizarse. As imaxes de veciños, bombeiros, policías, seguratas, sanitarios e médicos axudando ás vítimas. E ao lado, os personaxes traxeados, chamando polos seus teléfonos sen mancharse as mans, ofenden.

E Comparecerá
Rajoy, as poucas veces que o vemos abrir a boca, é coma se a tivese pechada, porque non di absolutamente nada. E case é mellor así, porque tendo en conta o que din os seus ministros e secretarios de Estado, a saber o que diría el.
Outro tema é o de Rubalcaba, máis ocupado en esconder o seu propio lixo debaixo da alfombra que en ser unha verdadeira e efectiva oposición. Como vai facer ningunha proposta convincente se el mesmo tamén ten moito que calar?. Temos que afacernos a mirar máis á esquerda e máis cerca, isto só se cambia desde a mobilización unitaria, únete á marea cidadá, forma parte do cambio, dende o teu barrio, empresa, localidade, quedarse quieto nunca transformou nada.

A curva maldita
A curva da Grandeira materializouse con algúns problemas polos datos que achegan os medios. Vén dun longo tramo recto con vía de Alta Velocidade e tópase coa tradicional. Obriga a unha brusca freada. Fíxose, ademais, moi pechada para non ter que expropiar a demasiados propietarios e pagar máis diñeiro. Persoalmente, penso que non se debe "aforrar" en seguridade cando asistimos a tanto dispendio e tanto latrocinio. O maquinista, desesperado, confesou onte á noite que ía a 190 km/hora en lugar da 80 como -de súpeto- marcan os sinais. Fallou o tren? A sinalización? ... as persoas obrigadas a chegar puntuais so pena de rebaixa de plus?
Á espera de respostas, hoxe é día para a dor, a morte inmensa e absurda. Só debemos esixir dende xa, que se esclareza a verdade e non volva haber manobras para ocultala, como é desgraciada tradición en certas políticas do noso país.

Todos culpables
Levamos 35 anos cunha Constitución que proclama a existencia dun "Estado social e democrático de Dereito", pero dende o Poder case ninguén se preocupou porque predomine a España "do cicel e da maza". Talvez porque, no fondo, á casta bipartidista que se foi alternando nel, lle interesase moito máis a de "charanga, pandeireta, pechado e sancristía". Que con este Presidente e a súa cuadrilla de adláteres esta última estea a chegar á apoteose, non exime de responsabilidade aos que por acción ou por omisión parece que tampouco se sentían moi incómodos con ela.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript