Xullo de 2013
 
 

29/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

Non o dubides, pagarás o rescate

Algún incauto creu que a intervención económica debida ao burato da banca ía ser pagada pola propia banca, agora comezamos a ver a realidade, os xornais xa comezan a publicar que o propio Estado da por perdidas a gran maioría das axudas á banca, o que denunciamos desde o momento en que Mariano presumía do bo “negocio” realizado co que denominou “préstamo da Comunidade Europea” e asegurou pagarían os propios receptores do diñeiro, faise realidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

A realidade segundo se publica é que dos 52.000 millóns de euros inxectados nas caixas nacionalizadas o estado terá que facer fronte a 36.000 millóns, e isto é o comezo da asunción da realidade.
 
Para pagar xa está o pobo, iso é o que pensa e practica a clase política ao servizo dos intereses dos que nos meteron nesta situación. Unha vez máis obrigarase á cidadanía a pagar, o gran banquete duns poucos que viviron, e viven, por riba das súas e das nosas posibilidades.
 
Para tapar o burato no FROB xa sabedes cal vai a ser a receita dos gobernos neoliberais da Xunta e Goberno central: máis precariedade, máis paro, menos servizos públicos e de menor calidade…
 
Coa pasividade xeral coa que se está a reaccionar diante da situación estase a favorecer, e a apoiar, as determinacións dos gobernantes que teñen claro que a solución que impoñerán será o empobrecemento progresivo da poboación para que favorecer e acrecentar os privilexios duns poucos.
 
E ti cando reaccionas?

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript