Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

A Troika esixe a Grecia un salario mínimo de 350 euros e cuestiona o dereito a folga

Sóavos esta cantinela?, en Grecia, poucos días despois da remodelación do goberno de coalición, os representantes da chamada Troika piden aos ministros que sigan adiante coa redución do salario mínimo e co abaratamento nos despedimentos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os representantes da Troika, conformada polo Fondo Monetario Internacional (FMI), a Comisión Europea (CE) e o Banco Central Europeo (BCE), volveron a Atenas, capital grega, para premer na imposición de novas medidas neoliberais no país. No seu encontro co ministro de Finanzas grego, a delegación pediulle que o salario mínimo sexa reducido dos 586 aos 350 euros.
 
O proxecto da Troika é crear os chamados "mini traballos", é dicir traballos con salario de 350 euros sen seguros sociais nin dereitos laborais, co pretexto de que só así o país conseguirá ser "competitivo". Ademais, prevese que os patróns poidan despedir máis doadamente un traballador sen pagarlle ningunha indemnización ou cunha indemnización mínima.
 
Movementos sociais, partidos de esquerda e sindicatos sosteñen que as esixencias da Troika van crear en Grecia un medievo laboral, nun momento en que o desemprego alcanza o 30 por cento.
 
Outra das polémicas esixencias da delegación é a aprobación dunha lei contra as folgas, que autorizará os empresarios a privar dos seus dereitos laborais a aqueles traballadores que realicen paros.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript