Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  REGANOXO
 

Reganosa dá niveis de actividade tan baixos que a capacidade usada pola propia planta é superior á contratada

Onte noticias de axencia, comentaban o Informe de Supervisión da Xestión Técnica do Sistema Gasista - Abril de 2013 - Comisión Nacional de Energía -CNE.

 

  • Noticias relacionadas

 

Este informe de 18 páxinas, non deixa ben parado o sector gasista que está atravesando unha importante crise de actividade, non só polo descenso da actividade económica, senón que a apertura do gasoduto Medgaz que entra, procedente de Alxeria, polo sueste da península (Almería), onde sitúa a súa actividade no 83% da súa capacidade. Contrastando, esta alta actividade, coa moi baixa das plantas regasificadoras cun descenso moi acusado na chegada de GNL/LNG ás plantas de gas distribuídas polo litoral peninsular. A burbulla enerxética amosa importantes síntomas de deterioro.
 
Destaca o informe os seguintes feitos relevante: 

  • En abril, seguindo a tendencia dos meses anteriores, a regasificación diminúe un 26% respecto ao mes anterior. Así mesmo, a carga de cisternas segue presentando unha tendencia decrecinte desde finais do ano pasado.
  • Varias plantas de regasificación funcionan en niveis moi baixos, non só baixo mínimo técnico senón até con paradas como Sagunto que estivo 10 días parada queimando gas.
  • As importacións por conexións internacional son significativamente superiores á regasificación.
  • A demanda de gas para xeración en ciclos combinados continúa reducindo-se substancialmente respecto ao mesmo período do ano pasado.
  • O 16,8% do GNL descargado este mes volve-se a cargar para exportar. Cargaron-se cinco buques grandes en Cartaxena, Huelva, Sagunto e Mugardos.
  • Como consecuencia da "Open Season" realizada en 2009, incrementouse a capacidade nominal da Conexión Internacional de Larrau até 165 GWh/día en ambos sentidos.
 
Comentarios de axencia:
 
As seis plantas españolas de regasificación operativas, onde se transforma o gas natural licuado (GNL) importado por barco en gas, teñen uns niveis de actividade "moi baixos" e nalgúns casos como no de Sagunto (Valencia) sufriron durante o mes de abril paradas de dez días nos que apenas funcionaron queimando gas.
 
Esta consideración aparece recollida no último boletín de supervisión da xestión técnica do sistema gasista elaborado pola Comisión Nacional da Enerxía (CNE) e correspondente ao mes de abril.
 
Segundo o informe, as regasificadoras de Barcelona, Cartagena e Huelva funcionaron "baixo mínimo técnico", mentres que en plantas como a de Mugardos (Galiza) dan-se niveis de actividade tan baixos que a capacidade usada pola propia planta é superior á contratada.
 
En abril, a actividade de regasificación descendeu un 26% respecto de marzo e consolidou a tendencia á baixa na actividade de carga de cisternas iniciada a finais do ano pasado.
 
A caída de actividade nas seis regasificadoras, sete si cóntase a 'hibernada' de Xixón, contrasta co incremento na chegada de gas a través dos gasodutos internacionais, e en especial do alxerino de Medgaz, que se atopa ao 83% da súa capacidade.
 
Si esta infraestrutura ten unha capacidade máxima de 266 gigavatios hora (GWh), en abril a capacidade contratada equivaleu a 235 GWh, mentres que a usada ascendeu a 220 GWh.
 
"As importacións por conexións internacionais son significativamente superiores á regasificación", conclúe a CNE, que advirte ademais de que o 16,8% do GNL descargado en abril volveuse a cargar para exporta"
 
Acceder ou baixar o informe:
http://www.cne.es/cne/doc/publicaciones/IAP_GTG_02072013.pdf
 
Información baseada na enviada por Ferrol-CAPE.
 
Noticia en http://artabra21.blogspot.com.es/2013/07/reganosa-da-niveis-de-actividade-tan.html

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript