Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS CORUÑA
 

Múltannos a nós, para asustarte a ti

Lémbraste de AURELIA REY? O pasado mes de febreiro máis de 200 persoas impedimos que esta muller de 85 anos fora botada da súa casa sen máis opción que ser ingresada contra a súa vontade nunha residencia. Grazas á mobilización popular, na actualidade Aurelia segue a ser unha persoa independente, dona da súa vida, e vive nun piso de alugueiro social.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nestas semanas recibíronse oito propostas de sanción de 600€ cada unha a persoas que impedimos o desafiuzamento de Aurelia O Subdelegado do Goberno na Galiza, Jorge Atán, acúsanos de "PROVOCAR REACCIONES EN EL PÚBLICO QUE ALTEREN O PUEDAN ALTERAR LA SEGURIDAD CIUDADANA".
 
O que verdadeiramente ATENTA CONTRA A SEGURIDADE CIDADÁ son as POLÍTICAS ECONÓMICAS E ANTI SOCIAIS que o Goberno español decidíu impoñer para seguir financiando ás entidades bancarias e á corrupción política, a costa de asfixiar á cidadanía provocando unha grave crise na garantía dos dereitos sociais. Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña temos claro que estas multas responden a un plan xeral de criminalización dos movementos e colectivos sociais que poñen en evidencia a violencia económica que está a exercer o Goberno do Estado. Ademais, non é casual que estas propostas de sanción cheguen xusto cando a veciñanza afectada polas obras do Ofimático está en pé de loita.
 
Nós non lle temos medo ás multas, non imos deixar de axudar á xente. Estas sancións van máis aló de ser un castigo do Goberno a quen participamos habitualmente en mobilizacións sociais:

Un intento de amedrentar á cidadanía, de disuadirnos para que esteamos caladas/os, para que non saiamos a rúas, para que non nos organicemos para loitar contra a inxustiza. Por que?
 
Porque saben que se nos unimos podemos facerlles fronte, como se demostrou co caso de Aurelia. A cidadanía gañou, e teñen medo de que nos organicemos e voltemos gañar unha e outra vez .
 
NON TEMOS MEDO. ORGANICÉMONOS E LOITEMOS.
 
SI SE PODE. NESTA CIDADE NON SE DESAFIUZA.
 
POLO DEREITO A UNHA VIVENDA LIBRE,DIGNA E GRATUITA
 
CONCENTRACIÓN
 
CONTRA A CRIMINALIZACIÓN DA SOLIDARIEDADE
 
Xoves 11 de xullo
 
20:00hrs. Obelisco, A Coruña

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript