Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  O SEGURO DE SAÚDE DOS FUNCIONARIOS, EN PERIGO
 

MUFACE: Facenda rompe coas aseguradoras

O seguro de saúde dos funcionarios (na universidade afecta esencialmente ao PDI funcionario) está en perigo, as aseguradoras integradas en MUFACE (Adeslas, Asisa, DKV, Sanitas e Igualatorio Cantabria) romperon as negociacións para o convenio do vindeiro ano, esta situación era previsible, debido aos recortes orzamentarios as compañías aseguradoras xa anunciaran o seu desacordo coa administración.

 

  • Noticias relacionadas

 

A cuestión é puramente económica. Facenda quere conxelar a prima que paga ás aseguradoras pola cobertura de cada funcionario, mentres as compañías contaban cunha prórroga do contrato que incluía unha lixeira suba do 1,5% desta prima para o ano que vén. Unha cantidade que as firmas aseguradoras vían como indispensable para poder seguir prestando o servizo. Pero non houbo acordo.
 
O director xeral de Muface (mutualidade de funcionarios civís do Estado), Gustavo Blanco, xa comunicou o Consello Xeral deste organismo, que non prorrogará o acordo para o ano 2014 de forma automática, tal e como se viña realizando en anos anteriores.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript