Número 195 - 08 de xullo de 2013
 
 

UNIVERSIDADE

PAS laboral: funcionarización

LABORAL - CONVENIO COLECTIVO

    A partir deste luns, 1,8 millóns de traballadores e traballadoras quedarán sen convenio, non sabemos se entre elas estamos o PAS laboral da Universidade da Coruña. O Goberno iniciou o proceso coa reforma laboral de febreiro de 2012 e a norma concretouse definitivamente en xullo pasado. O obxectivo era gañar “flexibilidade”, obrigando aos traballadores renegociar os convenios para adaptarse á conxuntura de crise. Pero poñer o mango da tixola en mans dos empresarios está a causar efectos colaterais moi graves: máis de 1.300 convenios no aire.

A LOITA DE FERROL, A LOITA DO NAVAL

    Con esta marcha @s traballadores/as dos estaleiros seguen co seu calendario de denuncias, en especial sobre as promesas incumpridas polo P€P€, o de construción do dique flotante, e o Flotel para a mexicana Pemex.

PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA

    A voceira da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), Ada Colau, advertiu que os activistas antidesafiuzamentos van aumentar a súa "desobediencia civil" co obxectivo de que as vivendas en mans de entidades financeiras cumpran a súa función social.

O SEGURO DE SAÚDE DOS FUNCIONARIOS, EN PERIGO

    O seguro de saúde dos funcionarios (na universidade afecta esencialmente ao PDI funcionario) está en perigo, as aseguradoras integradas en MUFACE (Adeslas, Asisa, DKV, Sanitas e Igualatorio Cantabria) romperon as negociacións para o convenio do vindeiro ano, esta situación era previsible, debido aos recortes orzamentarios as compañías aseguradoras xa anunciaran o seu desacordo coa administración.

INTERNACIONAL

    En Alabama e diversas cidades de Estados Unidos realizaranse mobilizacións para rexeitar a espionaxe posta en marcha pola Casa Branca. As protestas coinciden coas celebracións polo Día da Independencia dese país e foi anunciada baixo o nome a 'Cuarta Emenda'.

INTERNACIONAL

    O presidente de Estados Unidos, Barack Obama, pechou o martes unha xira por países africanos, que incluíu a Senegal, Sudáfrica e Tanzania. Detrás de facer fronte aos investimentos provenientes de China, prometeu acordos comerciais, melloras de infraestrutura e mesmo falou de "unha nova era" nas relacións. No seu último día no continente estivo reunido co seu antecesor George W. Bush, nunha perfecta alegoría acerca da continuidade da política imperialista na rexión.

EN PLENA CRISE

    A modificación no Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte aprobada o pasado venres polo Consello de Ministros e que supón ampliar a exención a todas as barcas de aluguer, independentemente da súa eslora, custará ás arcas autonómicas 1,2 millóns de euros ao ano segundo estimacións do Goberno.

SOLIDARIEDADE CO SAT

    Non vou saír correndo, nin me vou esconder". Estas foron as primeiras palabras do voceiro do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), Diego Cañamero, tras coñecer que o Tribunal Superior de Justicia de Andalucía ordenou a súa detención inmediata ante a súa non comparecencia, por terceira vez, este venres para declarar como imputado pola ocupación en 2012 do terreo militar de Las Turquillas de Osuna (Sevilla). "Hai tres anos, declareime insumiso xudicial", apunta.

OPINIÓN - Rosa María Artal

    Un típico político de partido. Un típico político do Partido Popular. Diversos cargos de relevancia no aparato e sonoro fracaso nas urnas nas que foi derrotado ata catro veces no seu intento de ser presidente da Junta de Andalucía. Eldiario.es revela hoxe -expurgando papeis oficiais- que Javier Arenas viviu como un sultán a cargo do erario público. Recordemos que -ademais deses dubidosos donativos que se investigan- o presuposto do PP procede nun 90% de subvencións públicas.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Entendo o medo que percorre o PP dende que Bárcenas entrou en Soto del Real. En calquera momento pode aparecer unha carta, unha carpeta de documentos, un vídeo gravado, unha caixa de papeis, que o ex tesoureiro deixaría a alguén de confianza con instrucións para publicalo se remataba entre reixas.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADES
    A loita declarada dos traballadores e traballadoras da administración pública contra a eliminación da paga extra de decembro de 2012, decretada polo goberno de Rajoy, tivo a resposta de comunidades autónomas, concellos e, tamén, algunha universidade que preferiu a via da desobediencia a unha orde inxusta á perda da autonomía da que segundo a propia lexislación gozan as ditas institucións.
 STOP DESAFIUZAMENTOS CORUÑA
    Lémbraste de AURELIA REY? O pasado mes de febreiro máis de 200 persoas impedimos que esta muller de 85 anos fora botada da súa casa sen máis opción que ser ingresada contra a súa vontade nunha residencia. Grazas á mobilización popular, na actualidade Aurelia segue a ser unha persoa independente, dona da súa vida, e vive nun piso de alugueiro social.
 UNIVERSIDADE
    A Universidad Rey Juan Carlos (URJC), o buque insignia do réxime que leva á actual monarquía por bandeira, convocou eleccións. En 2011 unha sentenza desvelou como o seu anterior reitor, Pedro González-Trevijano, fixera trampas presentándose a un terceiro mandato, cando a lei non permitía máis de dous. A sentenza foi anulada polo Tribunal Constitucional, do que agora forma parte González-Trevijano por proposta do PP. E o que antes foi xulgado agora é o xuíz.
 INTERNACIONAL
    Sóavos esta cantinela?, en Grecia, poucos días despois da remodelación do goberno de coalición, os representantes da chamada Troika piden aos ministros que sigan adiante coa redución do salario mínimo e co abaratamento nos despedimentos.
 AMNISTÍA INTERNACIONAL
    Amnistía Internacional (AI) critica que as reformas en materia de sanidade deixaran a 873.000 inmigrantes sen tarxeta sanitaria no estado español "impedindo ou dificultando" o seu acceso ao sistema sanitario, e "mesmo poñendo en ocasións a súa vida en risco".
 ATTAC
    O Imposto ás Transaccións Financeiras, que busca a asunción polo sector financeiro dos custos incorridos no seu salvamento, é unha cambadela á especulación e un termómetro da vontade gobernamental.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Carlos Callón: “Mesmo causa rubor a desvergoña do conselleiro. Nunca desde o franquismo as nenas e nenos de fogares galegofalantes tiveran tantos obstáculos para se escolarizaren na súa lingua como desde que goberna Núñez Feijóo".
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    TODOS PARA DENTRO!!

     
      ALGÚNS NON ENTENDERON BEN A MENSAXE

       
        RAJOY CELEBRA A BAIXADA DO PARO NO MES DE XUÑO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript