Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  EN PLENA CRISE
 

O Goberno quítalle os impostos aos iates de luxo

A modificación no Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte aprobada o pasado venres polo Consello de Ministros e que supón ampliar a exención a todas as barcas de aluguer, independentemente da súa eslora, custará ás arcas autonómicas 1,2 millóns de euros ao ano segundo estimacións do Goberno.

 

  • Noticias relacionadas

 

Así se recolle na Memoria de impacto económico do proxecto de lei polo que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidade ambiental e se adoptan outras medidas tributarias e financeiras.
 
O cambio afectará, tomando como partida as altas na lista sexta do Rexistro de Matrícula de Buques da Dirección Xeral da Mariña Mercante de 2012, a unha vintena de embarcacións deportivas ou de recreo explotadas con fins lucrativos e cuxa eslora supera os 15 metros, que a partir de agora non deberán pagar este gravame.
 
Ao a maioría destes barcos dedicados ao ´ chárter náutico ´ son motoveleiros, cun valor estimado medio de 600.000 euros por embarcación, o Executivo calcula que se perderían uns 72.000 euros por matriculación. En total, 1,2 millóns de euros que, segundo recoñece o Executivo, non recadarán as comunidades autónomas, que teñen cedido totalmente este tributo.
 
Non vos preocupedes, coa cultura, os libros…, non farán o mesmo.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript