Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

PAS laboral: funcionarización

Ao proceso de funcionarización, en marcha dende fai un ano cando se aprobou nas asembleas o “ACORDO DE FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA”, só lle resta o nomeamento do tribunal e a realización das probas. É o momento de recordar varias cousas.

 

  • Noticias relacionadas

 

O persoal laboral, afrontou este proceso cun único obxectivo, escapar da posibilidade de que, debido á aplicación dun ERE os postos de traballo periguen, o proceso non se abordou dende a óptica de conseguir o corpo único, neste sentido na negociación non se foi capaz de alcanzar ningunha mellora porque a presión era tal que todos os aforros (máis de 500.000€ directos) xunto coa depreciación xeneralizada das categorías profesionais (as novas e sucesivas contratacións sairán máis baratas para a universidade) engordarán directamente as arcas da universidade. Nada dese diñeiro se conseguiu para o colectivo unificado.
 
Que colateralmente se consegue o corpo único, é verdade, pero aínda poñendolle o papel de regalo máis bonito a realidade non deixa de ser que todo o proceso estivo marcado pola presa en escapar dunha queima que, incluso algún sindicato de "clase" situou á volta da esquina, feito que, faltaría máis, a universidade aproveitou.
 
Outra cousa transcendente que se da no proceso é que o colectivo afronta agora unha serie de probas para bendicir a súa condición funcionarial. Nesta nova etapa é importante sinalar tres cousas:

 

  • O persoal laboral que se presenta ás probas de funcinarización xa superou o pertinente proceso selectivo (oposición) para obter unha praza en propiedade.
  • Os traballadores e traballadoras que se presentan ao proceso de funcinarización seguirán realizando as mesma funcións que realizaban.
  • O proceso de funcionarización non implica ningún tipo de promoción.

 
Estas circunstancias deben facer reflexionar e teñen que se ter en conta por todas as partes implicadas no procedemento.
 
Temos que dicir, tamén, que a CUT seguirá presente entre os traballadores e traballadoras que continúen como persoal laboral, ben porque decidan non presentarse a esta primeira convocatoria, ben porque non poidan debido a que aínda non cumpren as condicións. Tal e como xa manifestamos noutras ocasións pensamos que o colectivo, aínda que chegue a ser residual, precisa da implicación sindical e, pola nosa parte, e até que poidamos, poderase contar connosco.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript