Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL - CONVENIO COLECTIVO
 

Temos Convenio Colectivo?

A partir deste luns, 1,8 millóns de traballadores e traballadoras quedarán sen convenio, non sabemos se entre elas estamos o PAS laboral da Universidade da Coruña. O Goberno iniciou o proceso coa reforma laboral de febreiro de 2012 e a norma concretouse definitivamente en xullo pasado. O obxectivo era gañar “flexibilidade”, obrigando aos traballadores a renegociar os convenios para adaptarse á conxuntura de crise (é dicir, rebaixar as condicións económicas, laborais e sociais a través da renegociación obrigatoria). Pero poñer o mango da tixola en mans dos empresarios está a causar efectos colaterais moi graves: máis de 1.300 convenios no aire.

 

  • Noticias relacionadas

 

Este domingo vence o prazo dun ano dado na reforma laboral para a prórroga automática dos convenios colectivos. É o final da chamada ultraactividade.
 
O luns 8 de xullo decaeron uns 1.320 convenios colectivos pendentes de renovación e denunciados, que afectan a 1,8 millóns de traballadores. Isto significa que os convenios poden desaparecer e as condicións de traballo dos afectados, incluídos os salarios, quedarían, se así o reclaman as empresas, reguladas polos convenios de ámbito superior, se existen, ou polo Estatuto dos Traballadores.
 
Sabemos que a Xerencia e o Comité de Empresa estiveron a negociar un novo Convenio Colectivo porque así o manifestou o propio xerente no Consello de Goberno, tamén sabemos das reunións realizadas na Reitoría. Non coñecemos en que concluíron as negociacións, de todos os xeitos se, a día de hoxe, luns día 8 de xullo, non hai un pacto ao respecto o persoal laboral da Universidade da Coruña pode ter como referencia tanto de dereitos laborais como económicos os que se determinan no Estatuto dos Traballadores.
 
Non estaría demais que se clarificara a situación

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript