08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Que tontos foron os cidadáns que votaron ao PP
Que tontos foron os cidadáns que votaron ao PP despois daquela pseudo-definición de “somos o partido dos traballadores”. O modelo para o estado tíñano pensado de sempre e moi ben pensado. Non tragamos iso de “eu fago o que teño que facer” tras ver a “herdanza recibida”... en fin, como é posible que non haxa un estalido social xa, e que os que imos ás manifestacións vemos como cada vez somos menos.... Ah, e soben os impostos que máis machucan á clase traballadora pero iso si: eliminan impostos aos iates de recreo. Moi ben pensado! Que máis necesitamos para rematar con eles?

Non confío na prensa
Eu xa non confío en que o PP adquira algún tic democrático. Tampouco confío na prensa en xeral, que está a demostrar estreiteza de miras ao informar só sobre temas institucionais e sobre "a política posible" e, o que é peor, polo seu servilismo e submisión ao poder, se ben eu creo en realidade, que política e prensa son dúas facetas de mamporreiros do poder, poder que está por enriba de prensa e política.
Os directivos dos xornais, se fosen decentes deberían deixar de acudir a roldas de prensa que non o son, e empezar a non preguntar ás entradas e saídas. Cando non falan, por non falar e cando o fan... sería preferible que calasen e non mentisen nin pousasen tanto. Os cidadáns, polo menos eu, estamos ata aí de faltas de respecto, de mentiras e de "colaboraremos coa xustiza, como sempre,"; estou abafada... " (que rostro!); "... e tal"; "ese señor hai anos que non ten que ver nada connosco".... etc. En fin, que vou comentar que non saibamos todos e suframos en cada telexornal, cada Marhuendada e en cada xornal, polo menos de papel. Menos mal que existe internet e te podes informar, máis ou menos. Saúdos a todos.

Debemos erguernos e dicirlles: abonda xa!
Non podemos resignarnos co que temos, xa que non se trata dunha maldición divina que pendese sobre nós. Iso é o que os poderosos (os acumuladores da riqueza do mundo) desexan que creamos, convencidos de que así nos sentaremos a esperar a santa chegada. E iso é precisamente o que non debemos facer os que formamos a sociedade civil. Debemos erguernos e dicirlles: abonda xa! Pero para iso, é necesario que nos organicemos, pois xa non vale con saír á rúa, que tamén, senón que debemos facer un verdadeiro esforzo para cambiar as cousas, empezando por rematar con este bipartidismo que nos empequenece.

Estado de delincuentes
A chaga da enorme inxustiza fiscal que se practica no estado español, onde os pobres pagamos os impostos que aforran os ricos.E o da amnistía fiscal (a segunda porque o PSOEz xa fixo otra) é de traca:perdoar aos delincuentes fiscais a cambio dunha módica taxa non é competir coas mafias no lavado de diñeiro negro? non é prevaricación? O Estado faise cómplice dos delincuentes de colo branco, esta é a consecuencia deste neoliberalismo.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript