Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

Si, hai quen defende a autonomía universitaria

A loita declarada dos traballadores e traballadoras da administración pública contra a eliminación da paga extra de decembro de 2012, decretada polo goberno de Rajoy, tivo a resposta de comunidades autónomas, concellos e, tamén, algunha universidade que preferiu a via da desobediencia a unha orde inxusta á perda da autonomía da que segundo a propia lexislación gozan as ditas institucións.

 

  • Noticias relacionadas

 

Si, algunha universidade, que ademais de emitir comunicados de rexitamento da medida pasou á acción, como fixo a Universidade do País Vasco (EHU) que anticipou a paga de xuño en decembro de 2012, co fin de paliar os efectos da supresión da extra de decembro. Por este acto o seu reitor, Iñaki Goirizelaia, foi citado a declarar como imputado o próximo martes, día 9.
 
Este reitor demostra, na práctica, que hai outros xeitos de actuar e de defender o que, de momento, figura nos papeis, demóstrase, unha vez máis, que hai que xulgar ás persoas, ás institucións… non só polo que proclaman, tamén polo que fan. Os comunicados reflicten os criterios pero hai que referendalos coa acción.
 
Actuacións coma de Iñaki Goirizelaia avalan as nosas reclamacións diante do reitor Armesto.
 
Recomendamos ler a noticia.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript