Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  AMNISTÍA INTERNACIONAL
 

Ana Mato quitoulle a tarxeta sanitaria a case 900.000 inmigrantes

Amnistía Internacional (AI) critica que as reformas en materia de sanidade deixaran a 873.000 inmigrantes sen tarxeta sanitaria no estado español "impedindo ou dificultando" o seu acceso ao sistema sanitario, e "mesmo poñendo en ocasións a súa vida en risco".

 

  • Noticias relacionadas

 

Nunha rolda de prensa en Palma, o director de AI España, Esteban Beltrán, considerou esta medida "regresiva" e "discriminatoria" e pediu que se modifique o Real Decreto-Lei aprobado o un de setembro do ano pasado, no que se "limita" o dereito á saúde das persoas inmigrantes, que teñen que pagar para recibir asistencia sanitaria, incluída a primaria.
 
A organización advirte de que a crise económica non debería ser unha escusa para recortar ata o punto de "menoscabar a dispoñibilidade, accesibilidade e calidade dos servizos de atención sanitaria". Por iso, Beltrán pediu un informe real sobre o "aforro" que se conseguiu ata agora.
 
Non obstante, o problema básico, segundo Beltrán, é que a Constitución Española non recolle os dereitos á sanidade e á vivenda como dereitos fundamentais, de tal maneira que son máis susceptibles de ser modificados. Así, afirma que moitas persoas quedan desprotexidas ante a lei e opina que deberían converterse en dereitos fundamentais.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript