Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  SOLIDARIEDADE CO SAT
 

O TSJA ordena a detención do voceiro do SAT Diego Cañamero

Non vou saír correndo, nin me vou esconder". Estas foron as primeiras palabras do voceiro do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), Diego Cañamero, tras coñecer que o Tribunal Superior de Justicia de Andalucía ordenou a súa detención inmediata ante a súa non comparecencia, por terceira vez, este venres para declarar como imputado pola ocupación en 2012 do terreo militar de Las Turquillas de Osuna (Sevilla). "Hai tres anos, declareime insumiso xudicial", apunta.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mostra de que non pensa fuxir, é que Cañamero descarta alterar o seu programa de actos. "Non penso rompelo por nada", afirma. "Esta tarde estarei nun encontro na localidade malagueña de Teba e mañá estarei en Antequera", engade o sindicalista, quen reside en El Coronil (Sevilla). "Somos un sindicato pacifista cunha loita comprometida", recorda.
 
A súa non comparecencia, segundo o voceiro, é unha protesta pola "represión" que se está a desenvolver contra o SAT que, dende o pasado verán, foi multado "cuns 80.000 euros". Trátase do sindicato máis represaliado. A policía tennos nunha lista negra e vainos multando segundo lle parece, teñas ou non participado nese acto", explica, tras cifrar que o SAT acumula en multas 400.000 euros. "Protestamos contra os xuíces que non teñen dependencia e atenden ás chamadas políticas", critica.
 
Cañamero debía comparecer na mañá do venres ante o Alto Tribunal andaluz xunto a outros tres militantes do sindicato, que si compareceron nos xulgados aínda que se acolleron ao seu dereito a non declarar, informa Europa Press. Nesta causa están imputados medio centenar de persoas, entre eles o deputado andaluz e alcalde de Marinaleda (Sevilla), Juan Manuel Sánchez Gordillo.
 
O TSJA atribúelles supostos delitos de danos, usurpación, desobediencia e furto pola ocupación do terreo militar Las Turquillas entre o 24 de xullo de 2012 e o 9 de agosto dese ano. Entre outros, destruíron un azulexo rústico que identificaba a entrada de Las Turquillas, o cadeado, a cadea e o bastidor da porta de entrada, os cadeados dun pozo e furtaron varios utensilios de labranza. "Iso é totalmente falso, é máis, deberíannos pagar polos traballos de mellora que desenvolvemos no terreo ", defende Cañamero, tras asegurar que non recorda o número de causas abertas contra el. "Antes tíñaas apuntadas nun caderno, pero perdino", sinala.
 
Cañamero foi citado de novo ante o TSJA, unha vez sexa detido, o próximo luns ás 12.00. "El fixo unha formulación política respectable que todo o sindicato apoiamos en masa", sinalou Antonio Folgoso, avogado do SAT.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript