Xullo de 2013
 
 

08/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA
 

Ada Colau advirte de que a PAH aumentará a súa "desobediencia civil"

A voceira da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), Ada Colau, advertiu que os activistas antidesafiuzamentos van aumentar a súa "desobediencia civil" co obxectivo de que as vivendas en mans de entidades financeiras cumpran a súa función social.

 

  • Noticias relacionadas

 

Así o manifestou no curso de verán 'O Parlamento e a rúa', organizado pola Fundación Universidade Rei Juan Carlos (FURJC) en Aranjuez. No acto, Colau asegurou ademais que a PAH pretende adoptar outro tipo de medidas, entre elas, utilizar con máis frecuencia a vía xudicial e incrementar a presión na administración local, autonómica e internacional.

Por outro lado, a voceira da PAH aproveitou a súa intervención no curso de verán para mostrar o seu rexeitamento á decisión do Goberno de levar ao Tribunal Constitucional o decreto antidesafiuzamentos andaluz, segundo informa Europa Press. Colau denunciou ao respecto que o Executivo está a recibir, ao seu xuízo, presións das entidades financeiras para intentar atrasar o "inevitable".

Non son as únicas criticas da voceira dos activistas antidesafiuzamentos ao Goberno do PP, pois apuntou ademais que o Executivo puxo en marcha unha "nova estratexia" para deostar a PAH: a "censura total" nos medios públicos. Neste sentido, recordou que mesmo traballadores destes medios o denunciaron en varios comunicados.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript