Xullo de 2013
 
 

01/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

Organizacións sociais e sindicais critican a pasividade do Goberno para gravar transaccións financeiras

Representantes de diferentes organizacións sindicais e sociais asinaron un comunicado no que critican a falta de acción do Goberno para aprobar o imposto sobre transaccións financeiras (ITF), a pesar de que o Executivo, xunto con outros once gobernos da UE, asinase en xaneiro deste ano un acordo para a implantación deste imposto.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Este imposto, asegura o comunicado, supoñería "unha cambadela á especulación e un termómetro da vontade gobernamental". Así mesmo, destaca que a proposta da Comisión Europea de aprobar este imposto restrinxida a certos produtos financeiros recadaría preto de 35.000 millóns de euros anuais que poderían destinarse a desenvolver programas de emprego, de cooperación internacional ou á loita contra o cambio climático.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript