Xullo de 2013
 
 

01/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  CORRUPCIÓN - SENADO
 

A longa lista de senadores presos, detidos e ata suicidados non remata en Bárcenas

O Senado é unha cámara parlamentaria rodeada de pomposidade e boato, enchida de luxos e privilexios, espazada e repleta de obras de arte clásicas e contemporáneas. Neste custoso pazo os falsos aristócratas que o habitan chámanse entre eles "as súas señorías" e o alto índice de senadores delincuentes que rematan no cárcere, son detidos pola policía, provocan altercados en clubs nocturnos, rematan imputados e xulgados e mesmo chegan a poñer fin á súa vida tras unha cadea de descarríos, fai pensar que a democracia estatal posúe un grave problema na denominada Cámara Alta.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O senador do PP por Cantabria, Luis Bárcenas é o caso máis rechamante, pero non o único. Xa é habitual na Cámara Alta que os seus senadores entren xurando o seu cargo polo rei e a Constitución e rematen con cadeas no cárcere. Ou no Tribunal Supremo como imputados. Ou nun club de alterne protagonizando escándalos por exceso de alcohol. Ou aforcados.
 
A declaración de bens e ingresos que Bárcenas estaba obrigado a entregar ao Senado era unha broma. Mentiu tamén nisto e fixo trampas nas súas iniciativas parlamentarias, multiplicando ata por 50 a mesma pregunta para que logo as estatísticas reflectisen unha intensa actividade lexislativa en favor da súa circunscrupción. É outra artimaña que utilizan a maioría dos deputados e senadores, pero que ninguén denuncia nos medios de comunicación.
 
Como as declaracións de bens, ingresos e patrimonio non son fiscalizadas por ningún órgano tributario independente, unha boa parte delas son fraudulentas ou sospeitosas de selo debido aos seus baixos ingresos. O actual presidente do Senado, Pío García Escudero, foi sorprendido polo xuíz e tivo que recoñecer que tamén mentira na súa declaración, ao non consignar un "préstamo" de 24.000 euros que lle fixera o seu propio partido. Todos no Senado pensan que en realidade García Escudero recibira ese diñeiro en "b" como sobresoldo e cando foi sorprendido polo xulgado, pactou con Rajoy e Arenas branquexalo converténdoo en "préstamo", algo moi habitual en Xénova 13 porque sucedeu na época na que a tesouraría do partido estaba rexentada por Bárcenas.
 
Son as continuas trampas ás que se acostumou a clase política española e que en calquera outro país orixinaría unha dimisión fulminante ao ser descubertas. Aquí ampáranse polas cúpulas partitocráticas e a prensa non pode apenas afear estas condutas, ao ser moi dependente dos aparatos de comunicación dos propios partidos e das súas estruturas políticas, que lles fan continuos favores para conseguir publicidade e patrocinios das arcas públicas e das institucións.
 
A lista dos senadores que remataron denunciados, imputados, condenados ou encarcerados sería interminable. Antes que a Bárcenas, sucedeulle a Dimas Martín, un senador nacionalista canario que facía os seus pactos de Goberno e os seus negocios dende a propia prisión na que concluíu os seus días de carreira política. Tamén dende Canarias veu o senador da Gomera Casimiro Curbelo, un socialista que protagonizou un altercado no madrileño club de alterne Gola, ao igual que o senador aragonés Carlos Piquer, que pagaba os servizos dun prostíbulo madrileño coa Visa del Grupo Socialista e que rematou aforcándose cando estalou o caso e lle custou a súa carreira política. O seu compañeiro Curbelo ten máis desenvoltura e aínda segue en activo, é presidente do Cabildo da súa illa e o PSOE ségueo manténdoo no cargo. O último asunto turbio procedente do arquipélago é o do senador Miguel Zerolo (Coalición Canaria), ao que o Tribunal Supremo tamén quere xulgar por corrupción.
 
Outros nomes de senadores condenados por delitos de distinta índole son os de Francisca Mendiola, que posúe tres farmacias na mesma localidade de La Rioja (Nájera) e fíxoo forzando unha "fraude de lei" e "abuso de dereito", ademais do cal un xuíz obrigoulle a derrubar un chalé construído de forma ilegal. Tamén o senador do PP, Alfonso Ferrada, foi imputado por corrupción urbanística e admitiu posuír contas correntes en Andorra, cousa que antes negara antes de ser descuberto pola policía. A lista sería interminable, ninguén a elaborou ao completo dende 1977 pero a nómina de senadores españois con perfil delicuencial é tan ampla que fai ruborizar aos que a diario se cruzan con eles nos corredores da Plaza de la Marina.
 
Fontes:
O senador nacionalista Dimas Martín, no cárcere por terceira vez.
O PSOE compara ao partido do senador co "cartel de Medellín" e logo pacta co.
O altercado do senador socialista Casimiro Curbelo, "borracho como un piollo", na sauna erótica Gola
O senador que pagaba os prostíbulos coa Visa del Grupo Socialista
O suicidio do senador do PSOE aragonés Carlos Piquer
O Tribunal Supremo quere xulgar ao senador Zerolo.
A condena á senadora Francisca Mendiola (PP) por delito urbanistico e polas súas tres farmacias en Nájera
Os seus compañeiros elixen senador no PP a un imputado por delitos urbanísticos
 
http://espiaenelcongreso.wordpress.com/
 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript