Xullo de 2013
 
 

01/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno

O día 26 reuniuse o Consello de Goberno, a acción reivindicativa realizada polo PAS coa participación dos estudantes presentes no Consello e traballadores do Capítulo VI repercutiu tanto no desenvolvemento do acto (estivo paralizado mentres estivemos concentrados na porta onde se desenvolvía), como nas palabras das representantes do PAS no propio órgano colexiado.

 

 

Despois de, arredor de vinte minutos, concentrados/as na praza da Reitoría, decidimos acceder ao propio edificio e presentarnos ás portas da sala de Consello de Goberno onde, durante uns dez minutos, berramos consignas Cando as representantes do colectivo accederon á sala onde se realizaba a reunión, aínda cos traballadores concentrados ás súas portas, estaba no uso da palabra Castedo, que xustificaba a actuación do equipo reitoral indicando que a universidade só pode reducir en bolsas, retribucións ou postos de traballo.
 
Tomou a palabra Manuela que  indicou:
 
Hai que rexeitar as esixencias de redución nos conceptos que indica o sr. Castedo para arranxar o déficit pois nin a Xunta nin o Goberno central teñen a autoridade moral para recortar entanto haxa fondos públicos para pagar sobresoldos a membros do PP, para pagar informes millonarios, moitas veces inexistentes, tanto do goberno central como de gobernos autonómicos e concellos dirixidos polo PP que é quen promulga os recortes. Tamén se dilapida pagando aloxamentos a deputados con vivenda en Madrid e se invisten fondos públicos en pagar os viaxes das súas señorías en business class.
 
Por todos estes motivos, cada quén na súa medida debe rebelarse contra estas leis, chegando, se é o caso, á desobediencia civil, na que hai que recordar que foi, tamén, pioneiro o propio PP ao negarse a impartir a materia de Educación para a Cidadanía.
 
Reitor:
 
Comparte o rexeitamento aos recortes, así o manifestaron os tres reitores, indica que para o equipo de goberno é prioritario a defensa dos postos de traballo e as bolsas.
 
O equipo de goberno tenta cambiar as decisións nos foros onde se toman porque incluso, cunha finalidade perversa, se está a facer unha campaña de desprestixio contra a universidade pública. O goberno da institución fai o que pode e intenta transmitir á sociedade o que está a pasar, non sabe si con pitos e pandeiretas se pode conseguir algo.
 
Nuria:
 
Ademais do rexeitamento ás políticas da xunta que representan un ataque frontal á universidade pública, a mobilización do PAS é para denunciar a cesión da autonomía universitaria  que supuxo a solicitude á Xunta de Galicia dos criterios para a aplicación dos recortes abrindo a veda para que, detrás destes, veñan outros.
 
É posible que con pitos e pandeiretas non se consiga nada, sobre todo cando o equipo reitoral non fai nada máis que enviar un escrito de rexeitamento. O equipo de goberno non é un mero mensaxeiro, ten responsabilidades.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript