Xullo de 2013
 
 

01/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Reino Unido despedirá 144.000 empregados públicos en dous anos

O ministro de Finanzas británico, George Osborne, anunciou un novo plan de recortes sociais por valor duns 13.570 millóns de euros, que inclúe o despedimento de 144.000 empregados públicos en dous anos.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Durante a súa comparecencia no Parlamento británico, Osborne sinalou que era necesario recortar 13.570 millóns de uros, algo que admitiu "non" é doado".
 
"Son decisións difíciles que afectarán aos cidadáns do noso país. Pero nunca houbo un xeito doado de situar o gasto baixo control", asegurou Osborne, quen advertiu de que se o Executivo abandona o seu plan para reducir o déficit, Reino Unido "estaría de novo en coidados intensivos".
 
Neste sentido, incidiu en que se deben seguir tomando medidas para reducir o déficit, que segue sendo demasiado alto, non só porque non estaría ben deixar "caer a débedas sobre os ombros" dos seus fillos, senón tamén porque as turbulencias globais dos últimos anos demostraron que os riscos económicos son reais e que a recuperación ten que ser sostida.
 
Así, remarcou que os progresos "reais" realizados para colocar a economía na senda correcta cando ía "moi mal" víronse afectados por desafíos como a crise da eurozona, o aumento dos prezos do petróleo ou unhas peores consecuencias das previstas da súa crise bancaria.
 
O ideario e a acción neoliberal son iguais en todos os países do mundo, a débeda privada págase diminuíndo dereitos e servizos públicos. Intentan convencernos de que é inevitable, empobrecendo á cidadanía para manter un sistema inxusto e corrupto.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript