Xullo de 2013
 
 

01/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - Real Academia Galega
 

Día das Letras Galegas 2014 dedicado a Díaz Castro

O poeta e tradutor de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro é autor dunha obra poética singular e de aparición serodia que destaca polo seu virtuosismo técnico.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.
--------------------------------------------------------------------------------
 
Penélope
 
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
 
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
 
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
 
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
 
DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.
 
--------------------------------------------------------------------------------
 
Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript