Número 194 - 01 de xullo de 2013
 
 

UNIVERSIDADE

Concentracións contra os recortes

    O pasado día 26, coincidindo coa reunión do Consello de Goberno un nutrido número de traballadoras e traballadores concentrámonos na Vicerreitoría de Ferrol e na Reitoría da Coruña. Na mobilización participaron, tamén, os representantes dos estudantes no Consello de Goberno e unha representación dos traballadores e traballadoras do Capítulo VI.

UNIVERSIDADE

    O día 26 reuniuse o Consello de Goberno, a acción reivindicativa realizada polo PAS coa participación dos estudantes presentes no Consello e traballadores do Capítulo VI repercutiu tanto no desenvolvemento do acto (estivo paralizado mentres estivemos concentrados na porta onde se desenvolvía), como nas palabras das representantes do PAS no propio órgano colexiado.

SOS SANIDADE PÚBLICA

    As concentracións e manifestacións realizadas o día 27 en toda a nosa nación serviron para denunciar a política sanitaria do goberno da Xunta, actualmente nas mans do PP. Unha das manifestacións máis numerosas realizouse en Ferrol, reproducimos o manifesto lido ao remate da manifestación.

OPINIÓN - Antón Dobao

    Quen é incapaz de comprender as diferentes formas de violencia extrema que fundan o sistema baixo o que vivimos (non todos) é incapaz de comprender a propia sociedade en si. Atoutiña, no mellor dos casos. E cando non quere advertir a extrema violencia do Estado como aparello coercitivo e parcial, contra os máis débiles ou como prevención do mal exemplo, simplemente porque os medios de produción simbólica nos convidan a condenar sen termos sequera capacidade para coñecer os crimes reais, é que dalgunha maneira acaba elixindo a complicidade coa violencia que nos escinde e nos anula.

CORRUPCIÓN - SENADO

    O Senado é unha cámara parlamentaria rodeada de pomposidade e boato, enchida de luxos e privilexios, espazada e repleta de obras de arte clásicas e contemporáneas. Neste custoso pazo os falsos aristócratas que o habitan chámanse entre eles "as súas señorías" e o alto índice de senadores delincuentes que rematan no cárcere, son detidos pola policía, provocan altercados en clubs nocturnos, rematan imputados e xulgados e mesmo chegan a poñer fin á súa vida tras unha cadea de descarríos, fai pensar que a democracia estatal posúe un grave problema na denominada Cámara Alta.

INTERNACIONAL

    Os traballadores portugueses levaron a cabo o xoves unha folga xeral en contra das políticas de axuste impostas polo goberno do primeiro ministro Passos Coelho. A medida de loita convocada polos dous principais sindicatos do país tivo unha forte convocatoria e logrouse paralizar o transporte público nas principais cidades do país, en sinal de protesta.

GREENPEACE

    Greenpeace presentou hoxe, a bordo do Arctic Sunrise, un "ranking" de supermercados no que analiza a política de compra de peixe das principais grandes superficies no estado. A principal conclusión que Greenpeace extrae do seu estudo. Unha receita para o desastre. O apetito insaciable dos supermercados polos produtos pesqueiros (1) é que ningún gran supermercado cumpre os mínimos esixibles.

INTERNACIONAL

    Unha concentración convocada este xoves na cidade brasileira de Fortaleza, xunto ao estadio que acolleu a segunda semifinal da Copa Confederacións (España-Italia), derivou en fortes enfrontamentos entre manifestantes e forzas policiais.

COLECTIVO IOE

    O nefasto FMI descolgouse coa recomendación de que o Goberno español debe "afondar a reforma laboral". O ministro de Industria afirmou que este é un "sinal" moi claro para "afondar o proceso reformista", cuxa boa marcha estaría referendada pola redución do déficit público (do 9,5% ao 6,9%). Pero, que sucede coa gran maioría de persoas que dependemos dun salario -ou o seu substituto en forma de prestacións- para sobrevivir? Vexamos onde nos está a conducir o "reformismo" gobernamental.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Cada pouco tempo necesitamos unha ruidosa entrada en prisión para espantar a sensación de impunidade xeneralizada e rebaixar uns graos a temperatura social. Canto máis antipático, engominado e traxeado sexa o encarcerado, mellor. Ademais, é imprescindible que o reo sexa moi representativo dun grupo social odioso, para que funcione a sinécdoque: que a condena dun banqueiro pareza a condena de todo o sector financeiro, como aconteceu en Estados Unidos con Bernard Madoff. É dicir, un chibo expiatorio, un cabeza de turco.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Os medios de comunicación informan que na causa contra o ex vicerreitor Xosé Lois Martínez, tanto o fiscal coma xuíz non ven indicios de delitos na construción dos edificios da Area Científica, esta información foi corroborada polo secretario xeral da Universidade na sesión do Consello de Goberno realizado o día 26.
 SOS SANIDADE PÚBLICA - Manifesto pola Atención Primaria
    No argumentario neoconservador dominante hai unha falacia básica para tentar xustificar a demolición do Sistema Nacional de Saúde (SNS): a crise actual fai insustentable o seu futuro. Esta afirmación é falsa, pois a porcentaxe do PIB adicado en España a sanidade é das máis baixas da súa contorna mentres que os seus indicadores de saúde e satisfacción da poboación son dos máis altos.
 OS VENDIDOS
    No estado chámanse Ana Garrido, a funcionaria do concello de Boadilla que destapou o "caso Gurtel" ou Elpidio Silva, o xuíz que se atreveu a investigar e encarcerar ao banqueiro Blesa. O a xuíza Mercedes Alaya co "caso dos ERE". No resto do mundo chámanse Edwar Snowden ou Julian Assange, por airear as tripas informáticas dos políticos. Os Hervé Falciani e Heinrich Kieber, os informáticos que denunciaron aos banqueiros que daban cobertura aos evasores de impostos en Suíza e Liechtenstein.
 INTERNACIONAL
    Os estudantes chilenos volveron tomar as rúas para esixir gratuidade e excelencia na educación pública. O día de onte máis de 150.000 persoas marcharon por Santiago de Chile e outros miles fixérono en distintas cidades do país no marco dun paro nacional convocado pola Confederación de Estudantes de Chile (CONFECH) e a Central Unitaria de Traballadores (CUT), que incluíu estudantes e docentes de colexios secundarios e institucións universitarias, traballadores do cobre e traballadores portuarios, entre outros.
 INTERNACIONAL
    O ministro de Finanzas británico, George Osborne, anunciou un novo plan de recortes sociais por valor duns 13.570 millóns de euros, que inclúe o despedimento de 144.000 empregados públicos en dous anos.
 ECONOMÍA
    Representantes de diferentes organizacións sindicais e sociais asinaron un comunicado no que critican a falta de acción do Goberno para aprobar o imposto sobre transaccións financeiras (ITF), a pesar de que o Executivo, xunto con outros once gobernos da UE, asinase en xaneiro deste ano un acordo para a implantación deste imposto.
 LINGUA - Real Academia Galega
    O poeta e tradutor de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro é autor dunha obra poética singular e de aparición serodia que destaca polo seu virtuosismo técnico.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    MONTORO CULPA AOS NOTARIOS DA MAIORÍA DOS ERROS COA INFANTA, NOVO CASO PARA O DETECTIVE COLOMBO

     
      PARA REDUCIR O NÚMERO DE BOLSAS WERT AUMENTA OS REQUISITOS PARA OBTELAS

       
        WERT: SE UN UNIVERSITARIO SEN RECURSOS SACA MENOS DUN 6,5, "DEBERÍA ESTAR A ESTUDAR OUTRA COUSA"

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript