Xullo de 2013
 
 

01/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Funcionarización. Algunha aclaración sobre a certificación de galego

O pasado día 27 o Diario Oficial de Galicia publicou a RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013 pola que se convocan probas para a execución do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Universidade da Coruña. Recibimos varias preguntas ao redor da acreditación para non ter que realizar a proba eliminatoria de galego.

 

 

Na Resolución explicítase:
 
“O proceso constará de dúas partes de carácter eliminatorio:
 
a) Os candidatos/as teñen que acreditar o seu nivel de coñecemento de galego ou ben facer unha proba de carácter eliminatorio. A cualificación será de apto ou non apto.
 
Para quedaren exentas da realización do primeiro exercicio, as persoas aspirantes acreditarán o seu nivel de coñecemento de galego e para tal efecto achegarán a fotocopia validada do Celga 3, e Celga 4 ou equivalentes, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos de niveis de coñecemento de lingua galega.
 
Para os subgrupos A1, A2 e C1 Celga 4, ou curso de perfeccionamento.
 
Para os subgrupos C2 e E/AP Celga 3, ou curso de iniciación.
 
Así mesmo, admitirase como acreditación a demostración documental de que se superou unha proba de galego nunha convocatoria de ingreso como persoal laboral fixo en calquera Administración pública.
 
A acreditación do coñecemento da lingua galega indicarase no recadro correspondente do anexo III.”

 
Algún compañeiro dirixiuse a nós para preguntarnos sobre como facer para presentar a acreditación no caso de corresponder coa demostración documental de que superou unha proba de galego nunha convocatoria de ingreso.
 
Realizadas as consultas correspondentes indicóusenos que poden darse dúas situacións:
 
Que a persoa afectada posúa a listaxe de notas dese exercicio na que figure como aprobado. Nese caso débese xuntar na inscrición a convocatoria da oposición e a dita listaxe.
 
Outra posibilidade é que o traballador/a non posúa a listaxe de notas do exercicio de galego, nese caso débese solicitar na universidade correspondente (USC, UVigo, UDC) a correspondente certificación
 
Se tedes algunha outra dúbida poñédevos en contacto connosco.
 
_______________________________________________________________
 
Por se é do voso interese, achegamos o ficheiro, en formato PDF, coa posibilidade de encher todos os datos no ordenador, agás a sinatura, claro..
 
Resaltáronse os datos imprescindibles.
 
No teléfono pódense poñer 2 números. Exemplo: 123456789 - 987654321
 
En linux, co Evince, non se ven pero están todos os campos
 
Solicitude de admisión ás probas

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript