Xullo de 2013
 
 

01/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A xuíza descarta a comisión de delito nas obras do Campus Universitario

Os medios de comunicación informan que na causa contra o ex vicerreitor Xosé Lois Martínez, tanto o fiscal coma xuíz non ven indicios de delitos na construción dos edificios da Area Científica, esta información foi corroborada polo secretario xeral da Universidade na sesión do Consello de Goberno realizado o día 26.

 

  • Noticias relacionadas

 

No resumo da sesión do Consello de goberno indícase:
 
“O secretario Xeral da Universidade da Coruña, Carlos Amoedo, informou onte en sesión de Consello de Goberno do arquivo da causa iniciada contra o profesor Xosé Lois Martínez, o xefe do Servizo de Arquitectura e os arquitectos directores de obra pola presunta construción irregular dos edificios da Área Científica e da Unidade Mixta da Madeira.”
 
No inicio do procedemento as noticias que circulaban na prensa local eran que todas as construcións realizadas desde o ano 2003 eran ilegais. A estas denuncias respondeuse coa destitución express do que era até ese momento vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental. Pareceunos sempre que a responsabilidade atribuída ao vicerreitor Xosé Lois tiña, en todo caso, que ser compartida pola totalidade do goberno da universidade.
 
O anterior equipo reitoral, do que formaba parte o actual reitor, no canto de responder colexiadamente responsabilizou ao agora exonerado vicerreitor facendo recaer toda a culpa sobre súa persoa.
 
Non sabemos se hai máis causas pendentes neste afer, no caso de que non existan está claro que á actuación que levou ao cese público e fulminante do vicerreitor haberá que responder, polo menos,  coas inmediatas desculpas públicas.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript