01/07/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Os reitores, os capataces de Feijoo
Nas empresas os mandos intermedios non son nin xefes nin traballadores, ocupan un espazo onde obedecen as ordes do que realmente manda e impoñen as medidas aos traballadores, nas universidades os reitores cumpren á perfección esa misión, non teñen capacidade de decisión e aplican como autómatas as instrucións que Feijoo lles ordena. Tanto reclamar a autonomía universitaria e cando aínda non nola arrebataron nos papeis prescindimos de utilizala na práctica. Qué máis dá ese novo modelo de universidade que nos queren impoñer no que o reitor elixirase entre “profesionais” sendo o goberno da comunidade autónoma quen terá a maioría no órgano de selección se xa no día a día a Xunta fai o que lle da a gaña e os reitores xa son uns monicreques?

Na crise os ricos máis ricos
De acordo co Banco Central Europeo, entre 2008 e 2012 o PIB da zona do euro creceu un 2,6%, a masa salarial aumentou un 4,7% e as rendas do capital diminuíron un 0,8% (sempre en termos nominais). En España, en cambio, a pesar de rexistrar o PIB unha contracción do 3,5% e a masa salarial unha redución do 10,5%, as rendas do capital incrementáronse un 3,6%.
Despois hai que aguantar aos corruptos e ionquis do traballo barato soltando merdas como iso de que "xuntos saímos" e "esforzo colectivo", "arrimar todos o ombro"... Isto é a economía, a ciencia de facer pagar ás vítimas os castigos que lles inflixen os seus agresores e despois presentalo como algo natural, necesario e mesmo un logro colectivo. Políticos e empresarios teñen o seu gran papel nisto, pero non esquezamos os benditos expertos e sabios que tanto estanse a esforzar en facer natural o empobrecemento e endebedamento masivos.

Afágome a non me afacer
En 1969, Max Aub volveu do exilio durante unhas semanas, a unha España que non era a súa: a España franquista. O xeneral permitiuno coa escusa dalgunha cousa académica, se non recordo mal. Ao termo daquel pequeno periplo, o escritor desterrado debería volver por onde viñera, retornando a México. Reencontrouse mentres durou o permiso en chan español con vellos amigos aos que non vía dende había trinta anos, e froito daquelas reunións recolleu unha expresión que o di todo: afágome a non me afacer. Os perdedores da guerra civil que seguían (mal)vivindo naquela España, acostumaron a non acostumarse. A sentirse estranxeiros no seu propio país, desterrados na súa propia terra, e botados da súa casa pola porta de atrás pero vivindo na súa casa. Cada nova volta de rosca do réxime -e foron incontables-, a mesma sensación. Sabía que ía pasar, sabía que se podía esperar este novo abuso, e o anterior, e os que virán. Non é unha sorpresa; pero non me afago. E ao final un ten a estraña sensación de que non se afacer convértese en costume. E as sorpresas desagradables esváense, parecen xa 'de baixa intensidade' a forza de repetirse. Pero a impresión de desconcerto non desaparece.

Bárcenas só un óso
Onte pasóuseme pola cabeza, se en realidade isto non sería un troco Bárcenas por Blesa, pero como tampouco me importa máis alá do segundo pensante que lle dediquei porque hai aspectos xudiciais que se nos escapan, vaiamos á lea, si, pode que Bárcenas só sexa un óso, que a xustiza deste país nos regala e mete no cárcere mentres o resto do esqueleto nauseabundo segue escondido nalgún armario, ben acomodado e rindo coa mandíbula desencaixada do inxenuos que somos pero dende este lado, tampouco se ve mal o asunto. Ser o chourizo máis mediático do país, abrindo portadas da prensa seria, rosa, amarela e multicolor, dende todos os perfís e ángulos posibles dunha cara (e que cara) é, a principal vitoria, porque a reacción ao chiste de hoxe pode ser a "risa" dos que "cociñan de marabilla no fondo do armario" pero e se a próxima vez son eles o óso e son outros o esqueleto que se mantén a salvo no acocho das "inmundicias"? pois iso, espero que isto sirva para disuadir, porque roubar pode rematar mal -non sempre, é certo- pero por se acaso: AMANTES DO ALLEO, AS TRAMPAS E OS TRAXES DE VELUDO TIPO AL CAPONE, ABSTERVOS, QUE A TEMPADA DE ESQUÍ NON SE VIVE IGUAL DETRÁS DUNHA REIXA.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript