Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

Unha universidade cada vez máis elitista

Este goberno deixará como herdanza un deserto a todos os niveis, político, económico, laboral, social… o martes no senado coñecemos as cifras oficiais que a restrición na política de bolsas levou a cabo o goberno pepeiro. Polo menos 18.800 alumnos quedaron sen bolsa durante o curso 2012-2013 e un número indeterminado de mozos e mozas non puideron estudar ou tiveron que deixar os estudos polas limitacións económicas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Pois si, era un segredo a voces que o número de subvencionados durante o presente curso 2012-13 se reducira polas novas esixencias académicas. José Ignacio Wert, puxo este martes no Senado cifras ás especulacións ao anunciar que o número de estudantes subvencionados diminuíu en 18.840, é dicir, case un 5% do total. Uns datos que poderán incrementarse xa que aínda faltan por contabilizar os datos de Catalunya.
 
Unha redución que se produce antes  de que o Goberno endurecese os requisitos académicos para acceder a esta axuda. En concreto, no curso 2013-2014, en Formación Profesional Superior requírese unha nota de 5,5; en Bacharelato de 6 e na Universidade un 6,5.
 
Despois de recoñecer uns datos tan negativos agardábase que o ministerio reconsiderase e reducira este requisito, non sucedeu deste xeito. O ministro na última reunión da CRUE á que asistiu ratificou que non se suavizarían o requisitos para acadar bolsas no vindeiro curso, tal e como se contempla no Real Decreto que está en preparación..
 
A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) ven de difundir un informe da sobre o Proxecto de Real Decreto (en diante RD) polo que se establecen os niveis de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2013-2014, e se modifica parcialmente o Real Decreto 1721/2007, do 21 de decembro, polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas.
 
CEAPA pide ao Ministerio de Educación a retirada do proxecto de real decreto de reforma do sistema de bolsas
 
Non son os únicos, Xesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria tamén fixo un chamamento ao Ministerio de Educación para que se garanta que "ninguén por razóns económicas poida quedar fóra das nosas universidades" o que nos ven a dar a razón en que os pronunciamentos, declaracións... son xa doutro momento, hai que pasar á acción.
 
O certo é que, segundo un dos candidatos a reitor da UNED, uns 40.000 alumnos deixaron os estudos universitarios ao non poder pagar a matrícula. Segundo El País máis de 30.000 universitarios ao bordo da expulsión por non pagar. Cantos terán que ser para tomar conciencia e rebelarnos contra esta situación?.
 
Mentres que Wert defende, cun novo insulto, o seu proxecto de bolasas, o Goberno gástase o diñeiro que non destina ás bolsas en defender a 'lei Wert'
 
Si Mariano Rajoy ou Aznar non fosen nenos ricos , pola regra de Wert non poderían acceder á universidade.
 

 
O PP xa programou o modelo de universidade que nos deixará cando perda o poder político, é unha universidade que perderá até o máis pequeno matiz de público para se converter como a sanidade e o resto da educación non universitaria, nunha mercadoría máis. Asistimos a unha verdadeira revolución conservadora onde os postulados neoliberais son o ideario gobernamental. Ou nos opoñemos con todas as nosas forzas ou triunfarán deixando totalmente desprotexidas e sen dereitos á nosa xeneración e ás xeneracións futuras. Xogámonos  non só o noso porvir tamén está en xogo o futuro dos nosos fillos e fillas.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript