Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA - MADRID
 

Admiten a querela contra os exconselleiros Lamela e Güemes pola privatización sanitaria

O xulgado de instucción número 4 de Madrid decidiu admitir a trámite a querela interposta contra a privatización sanitaria pola asociación de médicos AFEM.

 

  • Noticias relacionadas

 

No auto de instrución, o maxistrado Marcelino Sexmero Iglesias apunta que a instrución estará encamiñada ao esclarecemento dos feitos "en aparencia delituosos". O querelante basea a súa denuncia nas irregularidades do SERMAS no concerto para asistencia sanitaria subscrito coa Ute-FJD, do Grupo Capio, na vinculación de excargos e cargos políticos con empresas privadas concesionarias ou participes na xestión sanitaria.
 
Tamén pola neglixencia no control do gasto público e a facturación intercentros, a derivación do paciente a traves do denominado Call Center e a vulneración dos dereitos dos pacientes de Liberdade de Elección na Sanidade da Comunidade de Madrid
 
Así, o maxistrado admite a querela criminal polos delitos de realización arbitraria do propio dereito, coaccións, delito contra a Facenda Pública, falsidade documental,prevaricación, suborno, fraude e malversación de caudais públicos contra Dona Patricia Flores Cerdán, na súa condición de Viceconselleira de Asistencia Sanitaria e Directora do Servizo Madrileño de Saúde (SERMAS), Don Antonio Burgueño Carbonell, Director Xeneral de Hospitais e Don Juan Antonio Alvaro de la Parra, na súa condición de representante de "Fundación Jiménez Díaz U.T.E. ".
 
Asímismo a querela vai dirixida ao Grupo Ribera Salud, UNILABS, S.L., ASISA, CAPIO SANIDAD, S.L. (IDC SALUD), na persoa do seu presidente ou conselleiro delegado, Manuel Lamela Fernández, exconselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid e Don Juan José Güemes Barrios, tamén exconselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid.
 
Ler o auto completo do xuíz

 
http://www.madridout.es/i

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript