Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Mobilízate contra os recortes

Nestes días pasados todos os sindicatos de xeito individual e a Xunta de Persoal pronunciámonos ao respecto do recorte económico imposto pola Xunta de Galicia (PP) e pola actitude tomada polos reitores que, aínda manifestándose contrarios á medida, apresúranse en levala á práctica,  sen avaliar e aplicar outras alternativas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Repítese nas Universidades Galegas o que sucede a nivel de estado, a Troika autoriza créditos ao estado español para tapar o burato creado pola burbulla inmobiliaria e a delituosa actuación da banca, pero impón unha chea de recortes para recibir o diñeiro. Neste caso todos os sindicatos témolo claro, mobilizámonos e actuamos para reverter a situación. Temos claro onde están os culpables (desde os que deseñan as políticas até os que as aplican) e denunciámolos publicamente, non se salvan nin Merkel (que identificamos como a que determina as decisións da Unión Europea), nin Christine Lagarde (FMI) ou Mario Draghi (presidente del Banco Central Europeo), pero tampouco esquecemos a Mariano Rajoy, ao que, aínda que indica que “aplica as medidas por que son inevitables” pedimos pública e reiteradamente a súa dimisión.
 
No noso microcosmos sucede algo moi semellante: a Xunta transfire o diñeiro pero establece uns condicionantes que nos afogan.Os reitores, pobriños (dende o publicamente de dereitas, USC, até os teoricamente de esquerdas, UVigo e UDC), tamén aplican as medidas porque din que se ven na obriga de facelo.
 
En ningún dos eidos, estatal (Rajoy) nin universitario (reitores), se rexeitan realmente as medidas, aplícanse con entusiasmo e coa interpretación máis restritiva e prexudicial para os/as que imos padecelas.
 
Chegou o momento de responder á submisión do noso reitor coa mobilización do colectivo. Non aceptamos nin os recortes da Xunta nin a actuación institucianal.
 
Concordamos coas iniciativas tomadas nas outras universidades galegas, reclamando a paralización inmediata da aplicación da rebaixa salarial nos termos propostos pola Xerencia.
 
É a hora de actuar. Se non nos mobilizamos acatamos a decisión tomada, damos por boas os recortes que nos impuxeron creando o marco para que, detrás destes recortes veñan outros, e outros…

 
Mobilización na USC
 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript