Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Ricardo Royo
 

Maleducados

Montserrat Gomendia é a Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades. Ao parecer, é unha investigadora do copón, bióloga experta en ecoloxía da reprodución, cousa que valoro enormemente. Tamén é, de todos os ministros e secretarios de estado, a segunda que máis patrimonio declara, o cal, non me parece nin ben nin mal, xa que cada cual ten o patrimonio que, por medios lexítimos, pode acumular. Non podo dicir se Gomendio é do Opus Dei ou non, pero si que estudou en centros vinculados a esta seita ultracatólica. Non é que as circunstancias anteriores sexan importantes, pero teñen o seu papel no que a continuación vou intentar dicir. Veremos se con éxito ou non.

 

  • Noticias relacionadas

 

Resulta que Montserrat Gomendia (Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades) fixo unhas declaracións sobre os estudantes que se negaron a saudar ao ministro Wert e a ela mesma na entrega dos premios nacionais de Fin de Carreira, dotados con 3.000 euros. Ao parecer, e segundo esta señora, os estudantes son uns "maleducados" e o que tiñan que ter feito para ser coherentes é negarse a aceptar o premio, renunciando con iso á dotación económica que levan aparellada. Pero o que realmente preocupa a Gomendio é unha cuestión "máis de fondo": a xuízo da Secretaria de Estado, se "está perdendo o respecto a poder discrepar de forma educada, debater con tranquilidade, con sensatez e racionalidade posicións por moi enfrontadas que estean".
 
Isto vén a ser como o "que se fodan" da Fabra, pero en versión educada e recatada. O primeiro que chama a atención é o sentido patrimonialista que ten a dereita española do Estado. Non é a sociedade española a que premia os seus mellores alumnos, aos que máis se esforzaron e aos que obtiveron as mellores cualificacións, cun recoñecemento social e unha cantidade de diñeiro? É que, polas declaracións da señora Gomendia, dá a impresión de que foron eles, o ministro Wert e ela mesma, os que con grande esforzo e admirable xenerosidade, resgaron os seus petos para premiar con 3.000 euros os alumnos homenaxeados. Parece non se decatar está señora tan ilustrada de que ela e o ministro non son máis que instrumentos nosos -de toda a sociedade- para premiar a estes novos, e que o premio non está condicionado a que dean ou non a man ao Ministro, nin a que acepten ou non o sistema educativo que queren impoñernos.
 
Pero imos á cuestión "máis de fondo", porque ten razón a señora Gomendia en que é máis importante. É, de feito, central. Xa non é posible discrepar de forma educada, debater con tranquilidade, con sensatez e racionalidade posicións por moi enfrontadas que estean. Non o é por unha razón ben sinxela: estamos ante a imposicion dun sistema educativo de clase que hai que parar, e hai que paralo por todos os medios, incluída a mala educación. Eu non sei que espera a señora Gomendio: sentarse nunha mesa de caoba, sobre unha amolecida alfombra nalgunha luxosa sala do ministerio para explicar aos alumnos que non van examinarse de selectividade porque non poden pagar as taxas, ou aos pais e nais que temen o peche dos colexios, porque neles os seus fillos comían, e agora, en vacacións, xa non está tan claro que vaian comer, que o seu sacrificio é necesario para premiar o esforzo e fomentar a excelencia. Non sé,pero se eu fose un deses pais, un deses estudantes, non me sentiría moi educado. Como poden reclamar educación aos demais os que se riron dun goberno que garanten por Lei que os nenos coman todos os días, ou quen chaman nazis aos que loitan por conservar as vivendas que lles queren quitar os bancos?
 
Non estamos nun período democrático ordinario: estamos ante un proceso de repartición da riqueza amparada nunha crise provocada, que busca converter en negocios os servizos sociais, aínda que iso supoña deixar fóra aqueles sectores que non son rendibles. No caso da educación, o que están a facer, de xeito claro é montar un sistema de selección de clase que dea lugar, por un lado a masas de traballadores precarios non críticos e desmolibizados, e por outro a unha minoría ben formada e recrutada entre os membros da clase dominante, que é a que vai poder asumir que os seus fillos conclúan os ciclos formativos.
 
En fin, nesta situación, non parece haber moito lugar para a boa educación: estamos a falar da vida das persoas, non do contraste académico de ideas que non afectan á nosa felicidade. E a defensa da vida, a liberdade e a busca da felicidade é, segundo algún textos que tanto gusta aos nosos liberais -e con razón- motivos para alzarse contra a tiranía.
 
Coño, merda, xa!     
 
Veña... meta ruído por aí.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript