Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A CEOE "nunca" se dará por satisfeita coa reforma laboral

Á CEOE non lle chegan as reformas laborais nin os recortes de dereitos xa lexislados, quere máis, nestes días pasados, despois da borracheira dun dos seus vicepresidentes que manifestou que os catro días por morte de familiar en primeiro grao eran esaxerados, tocoulle ao máximo representante, o seu presidente a el volveu a vomitar as súas vindeiras reclamacións

 

  • Noticias relacionadas

 

O presidente da CEOE advertiu que hai que seguir “modernizando” o mercado laboral "de arriba a abaixo" dando "unha pensada ao Estatuto dos Traballadores", que, segundo dixo, elaborouse hai 30 anos para unha situación económica totalmente distinta. Ademais asegurou que "nin moito menos se rematou a reforma laboral nin a remataremos nunca, porque hai que adaptala ás circunstancias," chegou a dicir.
 
Vindo de quen ven non nos estrañan estas declaracións pero postas no contexto mostran que a patronal ponse en marcha para reclamar do seu partido amigo máis radicalidade na súa actuación facendo teaza co FMI que esixe, unha vez máis, o despido gratuíto e máis “moderación” salarial

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript